Antón Riveiro Coello. Unha das sortes que ten a literatura é que non está afeita ás leis e aos dogmas e por iso os gustos, as filias e as fobias van por bandos moi diversos. Digo isto, porque nestes últimos anos, algúns amigos xuntámonos ao redor dun café e compartimos libros, películas e opinións varias sobre a cultura e chegamos á conclusión de que non coincidimos na apreciación dalgunhas obras. Non hai moito eu recomendaba aquí unha novela que para min é excelente (Sukkand Island de David Vann), e houbo dous lectores amigos que me reprocharon a recomendación porque se lles fixo difícil rematala. Non obstante, a outros dous encantoulles e agradecéronme a descuberta. Seguir lendo Cuestión de gusto
Arquivo da categoría: Antón Riveiro
Whiplash, de Damien Chazelle
Antón Riveiro Coello. Lembro unha conversa tensa cun profesor do conservatorio cando a miña filla maior estaba no último ano de grao medio de piano, ano que para ela coincidía con segundo de bacharelato. O profesor teimaba en que ela tiña que dedicarlle máis horas e eu dicíalle que si, que tiña razón, pero que nós non iamos obrigala, e que non nos importaba se suspendía. Nós o que queiramos era que, sen esquecer a disciplina que require o piano, ela amase e gozase coa música, non que sufrise con ela. Finalmente non suspendeu e acadou o título, pero apenas volveu tocar o piano, sospeito que por culpa dun sistema vello que fai honra á palabra conservatorio que, para min, ten connotacións estancadas. Seguir lendo Whiplash, de Damien Chazelle
Olympia Ring, 1934, de Xabier López López
Antón Riveiro Coello. Ao meu ver, e ao de moitos, Xabier López López é un dos máis interesantes narradores na nosa lingua e boa proba diso son os seus libros, diversos os máis deles, sempre na procura de novas vías e buscando conexións coa literatura que se fai dentro e fóra do país. A súa anterior obra, Cadeas, coa que acadou, entre outros, o Premio Xerais, é unha das grandes novelas destes últimos anos e A vida que nos mata confirmouno hai tempo coma un escritor de peso non só polo recoñecemento de premios tan interesantes como o da Crítica Española ou o García Barros senón pola calidade das súas propostas (Por certo, esta novela hai pouco saíu publicada en castelán na editorial Funambulista).
Máis Banville, please!
Antón Riveiro Coello. Non é a primeira vez que falo aquí de John Banville, o escritor irlandés que se desdobra en Benjamin Black para nos agasallar con novelas negras de calidade protagonizadas polo forense Quirke: O segredo de Christine, O outro nome de Laura, Na procura de April, Morte no verán e Vinganza. Concretamente falaba neste café da última novela negra A loura de ollos negros, protagonizada agora polo mítico detective Philip Marlowe, que volvía medio século despois polo convite expreso que os herdeiros de Raymond Chandler lle fixeron a John Banville, mellor dito, a Benjamin Black, que é o autor da novela. Seguir lendo Máis Banville, please!