Antón Riveiro Coello. Neno, afasta, non xogas. Espétame un dos maiores cando eu, con sete ou oito anos, me quero meter no partido adulto das Casas Baratas. Marcho fungando para casa e dou en chorar. É entón cando papá me dá un dos mellores agasallos da infancia. O domingo imos a Vigo. Celta-Madrid. Non dou creto. Vigo está lonxe de Xinzo e o Ondine de papá vai vello. Pero é certo. O domingo madrugamos, aínda que ao chegarmos a Ourense se estraga o motor e hai que coller o tren. É a miña primeira viaxe. En Balaídos todo é un fervedoiro. O corazón sae fóra do meu peito. Seguir lendo O neno da camiseta azul
Arquivo da categoría: Antón Riveiro
Miss Violence, de Alexandros Avranas
Antón Riveiro Coello. O día do seu once aniversario, Angelik envólvese nun sorriso e salta ao baleiro para se suicidar. O motivo deste estraño suceso fica dentro da casa. E a familia non tarda moito en soterrar esta morte voluntaria volvendo a unha existencia rutineira. Isto é o que pon medras na curiosidade dos Servizos Sociais, que deciden facer unha visita a unha familia de aparencia normal, educada e tranquila. Mais axiña agromarán escuros e terribles segredos. Velaí o comezo intrigante desta dolorosa e claustrofóbica película grega de Alexandros Avranas, premiada coa mellor dirección no Festival de Venecia do pasado ano, amais de apañar tamén o galardón ao mellor actor (Themis Panou). Seguir lendo Miss Violence, de Alexandros Avranas
A muller do chatarreiro, de Danis Tanovic
Antón Riveiro Coello. O feito de que teña comentado neste café moitas películas interpretadas por xente do corrente, non profesional, non é algo casual. Gusto destas apostas que non precisan dunha produción millonaria para a súa execución e que apenas chegan aos cines, como moito a algún festival. Ás veces xorde a pregunta de se é a propia crise do sector a que empurra a aparición destas películas ou se é simplemente a vontade do director que quere explorar novos mundos e contar unha historia diferente. En A muller do chatarreiro non teño dúbidas de que se trata desta segunda opción, entre outras cousas porque estamos a falar de Danis Tanovic, un director que tivo un éxito fulgurante xa no seu debut con En terra de ninguén, película coa que apañou o Óscar á mellor película estranxeira, o Globo de Ouro e unha chea de premios en distintos festivais internacionais. Seguir lendo A muller do chatarreiro, de Danis Tanovic
Locke, de Steven Knight
Antón Riveiro Coello. Locke é unha aposta realmente arriscada por minimalista e cun único personaxe en pantalla que axiña nos lembra o perigo ao que se enfrontaron outras películas como Buried, de Rodrigo Cortés ou A vida de Pi, de Ang Lee, nas que a historia recae nun só protagonista. O personaxe de Locke, interpretado polo actor Tom Hardy, é capataz dunha importante empresa de construción que está en vésperas de levar a cabo un vertido de formigón nunca visto en Europa. A historia transcorre dentro dun BMW no que se suceden diferentes chamadas coas que se van conformando as historias dun home que decide desprazarse a unha clínica de Londres onde vai nacer un fillo froito dunha aventura fuxidía cunha muller moi diferente a el. Seguir lendo Locke, de Steven Knight