Antón Riveiro Coello. No verán gusto de camiñar á par deste río Limia que nace morto moi preto da miña vila e morre vivo no océano Atlántico. Este río do esquecemento é hoxe máis ben un río esquecido, contaminado e tristemente áfono. Hai uns anos a voz do río non era outra que o raufiñeo teimudo das ras. Esa foi a música da miña infancia. A ra, que para os limiaos xa era un marisco de lapar os dedos antes de que a cobizase a marquesa de Longueville, está intimamente ligada á historia do río e á nosa memoria colectiva. Seguir lendo A música do río
Arquivo da categoría: Antón Riveiro
Transatlántico, de Colum McCann
Antón Riveiro Coello. Transatlántico (Seix-Barral, 2014), é a última novela do irlandés Colum McCann, considerada pola crítica como o seu mellor traballo. Ao meu modo de ver, non estou tan certo, porque Let the Great World Spin (Que el vasto mundo siga girando, 2009) forma parte do meu canon particular e téñoa na consideración dunha das mellores novelas que lin neste século e que me fixo estar atento á interesante obra deste autor que naceu en Dublín en 1965 e gañou unha morea de premios importantes, como National Book Award ou o International IMPAC Dublin Prize. Entre os seus traballos, á parte dos dous citados, están algúns libros de éxito internacional como Perros que cantan (1995), A este lado de la luz (1998), El bailarín (2003), Zoli (2006) e os libros de relatos, Fishing the Sloe-Black River (1994) e Un país donde todo debe morir (2000). Seguir lendo Transatlántico, de Colum McCann
Stalker, a alucinación e o fastío
Antón Riveiro Coello. Mediados os anos oitenta, unha noite de madrugada cheguei á casa co carro un pouco cargado e prendín a televisión. Nese tempo, por sorte para os amantes do cine, Pilar Miró dirixía a televisión española e a horas intempestivas puñan interesantes ciclos de Eisenstein, Kurosawa ou Ernst Lubitsch, entre moitos outros. Lembro que esa noite botaban unha película que me marcaría para sempre: Stalker, do director ruso Andrei Tarkovsky. Era unha historia inaprensible para un rapaz que non había moito atravesara a maioría de idade, pero non sei se un pouco condicionado pola euforia do alcohol ou pola miña necesidade intelectual de atopar algo novo, Seguir lendo Stalker, a alucinación e o fastío
As crebas, outro xeito de andar ao mar
Antón Riveiro Coello. As crebas son os restos que as ondas deixan no límite das mareas: refugallos de naufraxios ou aparellos que desbota o mar. Moitos, sobre todo os de interior, descoñeciamos até hai pouco o termo; talvez a película Os Crebinsky trouxo a descuberta destes “crebeiros” que tamén andaban “ás crebas” nun poema do extraordinario libro Estirpe de Xosé Luís Méndez Ferrín. Pois ben, Francisco X. Fernández Naval, un escritor de primeira fila da nosa literatura (A noite branca, para min, é sen dúbida unha das mellores novelas escritas na nosa lingua) vén de publicar, coa fotógrafa Maribel Longueira, o libro As crebas: Outro xeito de andar ao mar (Baía Edicións). Seguir lendo As crebas, outro xeito de andar ao mar