Arquivo da categoría: Antón Riveiro

La librería ambulante, de Christopher Morley

christopher morley la libreria ambulanteAntón Riveiro Coello. Ás veces imos pospondo lecturas que permanecen nos nosos andeis durante meses ou anos. Máis dunha vez, antes de lles darmos a oportunidade, pasamos algunhas páxinas deses libros, acariñámolos, ulímolos e despois colocámolos onde estaban. Pero sabemos que algún día volveremos repetir os xestos e, quizais, os abramos polo principio para ficarmos alí para sempre. Un destes é La librería ambulante, de Christopher Morley (1890-1957), un clásico da literatura norteamericana que non leva moito tempo na casa, entre outras cousas porque non hai tradución ao galego e a versión española feita por Periférica tardou máis do debido, demasiado diría eu, porque logo da súa lectura non deixa de asaltarme a pregunta de canto podería significar este libro nas miñas mans con catorce ou quince anos. Seguir lendo La librería ambulante, de Christopher Morley →

A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz

GagarinAntón Riveiro Coello. Un novo libro de Agustín Fernández Paz sempre é un acontecemento no noso sistema literario, sobre todo, porque estamos diante dun autor que non adoita defraudar coas súas entregas, como é o caso que hoxe nos ocupa. Así, A viaxe de Gagarin é unha novela de formación na que Miguel Mendiguren, un home de sesenta anos, acompaña en 2011 á súa nai moribunda nun hospital e dá en desennobelar o fío da memoria para nos achegar á España franquista dos anos sesenta, pano de fondo no que transcorre a historia. A volta atrás é de medio século e Agustín faina coincidir precisamente coa viaxe espacial de Iuri Gagarin, un feito nuclear na novela non só polo seu poder metafórico senón tamén porque do cosmonauta ruso viralle ao protagonista un alcume que o acompañará durante toda a súa mocidade. Seguir lendo A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz →

O pasado, de Asghar Farhadi

o pasado 1Antón Riveiro Coello. O meu primeiro contacto con este director iraniano produciuse con A propósito de Elly, aquela excursión de tres días ao Mar Caspio na que un grupo de amigos se enredan nunha inquietante historia chea de humor, drama e mesmo denuncia social. Fiquei abraiado co oficio do director e convertinme nun seguidor tan fiel que puxen sobre aviso a moitos dos meus amigos para que estivesen atentos á carreira de Asghar Farhadi. E cando triunfou no mundo, máis concretamente nos Óscars, en Berlín ou nos Globos de Ouro, con esa alfaia chamada Nader e Simin, confirmábase o seu talento e eu vía premiado así o meu agoiro, aínda que descubrir o que está descuberto non ten ningún mérito. Seguir lendo O pasado, de Asghar Farhadi →

Black Chandler contra Banville

rubia-ojos-negrosAntón Riveiro Coello. John Banville (Wexford, Irlanda, 1945), como tantos outros escritores, tamén mirou de se desdobrar en dous e procurou no seudónimo de Benjamin Black unha nova identidade para ofrecer, en teoría, unha literatura de menor calidade enfocada ao xénero negro. Así, o primeiro, candidato firme ao premio Nóbel, asina libros de maior alento literario como O Mar, Os infinitos, Eclipse, Imposturas ou Antiga luz, e o segundo confórmase coas obras policiais protagonizadas polo forense Quirke: O segredo de Christine, O outro nome de Laura, Na procura de April, Morte no verán e Vinganza, ou a última novela A loura de ollos negros, protagonizada polo mítico detective Philip Marlowe, que volve medio século despois polo Seguir lendo Black Chandler contra Banville →