Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach

As ensinanzas de don Juan

51+khxCgBgL._SX312_BO1,204,203,200_Gonzalo Trasbach. Un día na piscina, unha veciña de Cespón que estivera vivindo moito anos fóra recoñeceume e logo dunha conversa preguntoume que carreira estudara en Compostela. Díxenlle que Filosofía. E entón ela riuse. Non me pareceu mal. Fíxome lembrar a anécdota, creo que de Tales, cando se meteu nunha charca sen decatarse porque camiñaba abstraído nas súas meditacións, mentres a súa criada se esmendrellaba. Ademais este non é un motivo para anoxarse, e menos indignarse, tal como lle diría o mestre don Juan ao seu alumno, Carlos Castaneda (1925-1998). Por certo, neste ano que agoniza, cumpriuse o 50 aniversario de Las enseñanzas de don Juan, o mítico libro de Castaneda que exerceu unha potente fascinación Seguir lendo As ensinanzas de don Juan

Carla Bozulich: predicadora “On Fire”

ee9184ed-10b0-40f8-a130-2a07c367b1a1_1510790400Gonzalo Trasbach. Para Magdalena e Carme. Este texto sobre unha das mulleres máis incendiarias que poboan a miña secreta caligrafía sonora feminina atrevida foi ideado cando tiven unha pequena polémica con estas dúas amigas e colegas deste Café literario. Para quen ademais quero recuperar o que dicía o compositor e pianista norteamericano John Cage: <A música é unicamente atreverse a escoitar os sons do mundo antes de que callen nun signo, en linguaxe codificada ou moeda corrente> (é isto o que a música ten de (in)humano?). Seguir lendo Carla Bozulich: predicadora “On Fire”

Peón e Baiuca, brillantes universos sonoros

mercedesGonzalo Trasbach. Nas últimas novidades musicais nas que me enredei, atopei dous discos vangardistas polos que corre sangue con ADN galego, e que me resultaron moi atractivos e interesantes. Dun lado, a atracción que me espertou o novo disco de Mercedes Peón (A Coruña, 1967) non me colleu de sorpresa, pois xa coñecía unha boa parte da traxectoria da coruñesa, sen dubida unha das voces máis sobresaíntes da nosa comunidade tanto cando xoga na casa coma cando o fai fóra. Seguir lendo Peón e Baiuca, brillantes universos sonoros