Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach

Falemos de discos

angel-olsen-phases-1Gonzalo Trasbach. Levo dous meses xirando ao redor de varios discos. E ningún deles é do 1968, o ano que un xornal da nosa terra tilda coma o que o cambiou o mundo. En que sentido?, ou só se trata da recreación do título dunha canción de Bob Dylan? En fin, talvez sexa mellor volver aos discos que máis me teñen ocupado no primeiro trimestre do 2018. Aproveito a ocasión para lembrar que Angel Olsen, autora do primeiro dos álbums dos que vou facer un pequeno comentario, actuará en Santiago (Auditorio Abanca) o 12 de maio. Seguir lendo Falemos de discos

Protomartyr, no seu mellor momento creativo

a1874843766_10Gonzalo Trasbach. Leo nunha referencia que o último disco de Protomartyr, “Relati-ves In Descent”, cae baixo a etiqueta post-punk. Paréceme pouco axeitada, se algunha o pode ser. Despois de todo, se non nos falla a cachola, o facho do punk axiña se apagou entre soflamas delirantes e populistas. A ese golpe nihilista do taboleiro musical seguiu unha sonora explosión de bandas que se coou pola greta aberta dunha escena até entón dominada polas pousadas vacas sacras do pop e do rock, para aportar un pouco de aire fresco a un negocio que daba inquietantes síntomas de  esgotamento. Seguir lendo Protomartyr, no seu mellor momento creativo

Connie Converse e Karen Dalton: voces que volven dende as sombras

lovelyGonzalo Trasbach. Un golpe de sorte levoume até unha información sobre unha cantante norteamericana totalmente desco-ñecida para min, pero tamén para moitos mitómanos musicais, pois non só pasou desapercibida no seu tempo, senón que no 1974 abandonou a súa residencia cara ningures e dende aquela ninguén volveu saber nada dela, polo menos ata agora. Descubro unha noticia sobre a publicación dun disco e póñome a buscar información: Elisabeth Eaton, nomeada como Connie Converse, naceu en New Hampshire (USA) un día do mes de agosto de 1924. Seguir lendo Connie Converse e Karen Dalton: voces que volven dende as sombras