Gonzalo Trasbach. Algúns pensan e afirman que a eclosión da década de 1960 tivo lugar en 1968, e, polo tanto, foi o ano en que se produciron os mellores discos daquela época. Pode que así sexa. Na fin de contas, o malestar que latexaba debaixo da costra suntuosa do hipismo e o hedonismo reinantes no mudo occidental emerxeu e saltou ao primeiro plano pola guerra de Vietnam, pero acadou o seu cumio no chamado Maio do 68, coa irrupción dun movemento que fixo tremer os alicerces da República francesa Seguir lendo Johnny Cash renaceu no 1968
Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach
Magical Mistery Tour, pura ourivería sónica
Gonzalo Trasbach. Queridos/as ami-gos/as, inimigos/as (pois todos formades parte do Karma, como diría Ernst Jünger). O círculo péchase coa chegada doutro inverno. Nesta mesma estación abriuse a xanela da grande colleita musical de 1967, aquel ano que algúns consideran o máis frutífero da música pop-rock-blues-country, para presentar o debut dos Doors e un novo disco dos Rolling. Seguir lendo Magical Mistery Tour, pura ourivería sónica
Their Satanic Majesties, a obra por excelencia de Brian Jones
Gonzalo Trasbach. Viviron un ano moi produtivo os Rolling Stones en 1967. Abrírono co fabuloso e infravalorado “Between the Bottons” e culminárono con “Their Satanic Majesties Request”, álbum que viu a luz un 8 de decembro de fai agora 50 anos. Con motivo da celebración deste aniversario acaba de pórse á venda unha nova edición consistente nun vinilo de 180 gramos en estéreo e outro en mono, amén de dous súper coidados CDs (un en estéreo e outro en mono). Seguir lendo Their Satanic Majesties, a obra por excelencia de Brian Jones
A sociedade do espectáculo, 50 anos despois
Gonzalo Trasbach. Xullo de 1968. Camiño de Londres vía Calais, atraveso París desde a Gare du Sud até a Gare du Nord. No chan das rúas e das calzadas, no inmobiliario urbano e nas paredes dos edificios aínda quedan sobras e pegadas da insurrección que tivo lugar durante a primavera e conmocionou Francia e tamén o resto de Europa. Un aínda se atopaba felizmente nas nubes e non sabía de nada diso. Aquel acontecemento bautizárono coma Maio do 68 e resultou ser un feito chave nas conversas universitarias de Santiago nos anos posteriores, coido que especialmente do 70 en diante. Seguir lendo A sociedade do espectáculo, 50 anos despois