Magical Mistery Tour, pura ourivería sónica

peppersGonzalo Trasbach. Queridos/as ami-gos/as, inimigos/as (pois todos formades parte do Karma, como diría Ernst Jünger). O círculo péchase coa chegada doutro inverno. Nesta mesma estación abriuse a xanela da grande colleita musical de 1967, aquel ano que algúns consideran o máis frutífero da música pop-rock-blues-country, para presentar o debut dos Doors e un novo disco dos Rolling. Dende entón para acá, demos conta dos álbums que consideramos máis salientables daquela época prodixiosa. Aínda que somos conscientes das nosas limitacións, de que deixamos fóra outros traballos memorables, coido que reunimos unha boa cesta de froitas musicais. Só deixamos de nomear unha saborosa mazá: “O frautista ás portas do albor”, dos Pink Floyd co xenial Syd Barret aínda ao temón da nave rosa, porque a escolleron para a revista Luzes.

Sentimos e moito non ter citado outros discos. E sobre todo non termos entrado noutros territorios sonoros, talvez máis familiares para moitos de nós. Pero algúns temos o defecto de ser moi do que nos gusta. Mais non hai músicas máis “raras” ca outras. Todo consiste en querer ou non, estar ou non estar interesados en abrir as ventás para que cheguen os sons que traia ou leve o vento dun lado para o outro. Non quixésemos pechar o círculo sen agradecerlles aos amigos, aos máis antigos e aos máis novos, que me permitiron escoitar as marabillosas coleccións que tiñan, cando outros non tiñamos nin sequera tocadiscos. Sen todos eles nunca seríamos quen de confeccionar esta mínima pero densa colleita, cuxo único obxectivo era lembralos ou dalos a coñecer.

Se hai uns días dicíamos que os Stones estiveron moi produtivos no 1967, pois, ademais de “Between the Buttons” e “Their Satanic Majesties…”, publicaron o recopilatorio “Flowers”, agora dicimos que tamén os Beatles se amosaron imparables. Despois do “Sarxento Pimenta…” do un de xuño, cos retais que lles sobraron desta monumental gravación levantaron un templo de son e color: “Magical Mistery Tour”. O que estaba previsto como a banda sonora dunha película para a televisión con mesmo título deveu nun álbum fantástico, que tamén apareceu nas tendas o día 8 de decembro do 1967.

magicalNesta explosión de alegría rítmica e sonora está presente o sublime sentido do pop que tiña Paul McCartney, que rutila na taciturna balada The Fool on the Hill, e que así mesmo loce na zumenta e iterativa Your Mother Should Know, de ambiente nostálxico e cabareteiro, ou en Hello Goodbye, melodía de minimalismo lírico e contaxioso sentido do ritmo.

Pero, unha vez máis, é John Lennon quen leva o temón nos mellores temas do álbum: I’m the Walrus, un hipnótico artificio surrealista de escepticismo vital, poderosa imaxinería e exuberante instrumentación. Strawbery Fields Forever, peza co inesquecíbel mollotron (interpretado por Paul) na que o hálito psicodélico da época acada o seu cumio máis alto, e o clásico himno de amor e paz (tan de moda agora por mor dun anuncio publicitario): All You Need Is Love, en cuxos coros finais interveñen Jagger e Richards (Rolling). O delirio alucinóxeno de Harrison en Blue Jay Way e a canción máis inspirada do disco: Peny Lane, emotiva lembranza da vida en Liverpool, con esa trompeta coándose coma un peón nun paso de cebra e que tan imitada foi nos anos siguintes. Estamos diante de paisaxes sonoras luminosas. Diante dunha pura ourivería sónica dun grupo inesquecíbel.

chelseaAgora ben, como pretendemos despedirnos cos mellores desexos para todos os visitantes deste Café, e para todos os homes e mulleres de boa vontade, lembramos o nome doutros discos que saíron á luz naquel tan fecundo 1967: “Axis: Bold As Love” (Hendrix), “Stranger Days” (Doors), “David Bowie”(Bowie), “Scott” (S.Walker), “Songs of Leonard” (L.Cohen), “Ten Years After” (Ten Years), “Again” (Butffalo Springfield), “Days of Futere Passed” (Moody Blues), “Disreali Gears” (Cream), “John Wesley Hardin” (B. Dylan), “Mellow Yellow” (Donovan), “The Who Sell Out” (Who), “Wild Honey” (Beach Boys), “I never Loved a Man the Way I Love You” (Aretha Franklin), “Small Faces” (S. Faces), “Something Else” (Kinks), “Happy Together” (Turttles)…E no outono andaba xa pola rúa o debut en solitario da nosa admirada modelo e ex cantante de Velvet Undergound Nico: “Chelsea Girl”, disco no que se nota a man de xente tan importante coma os seus ex compañeiros Lou Reed e John Cale, Bob Dylan e outros máis. Que teñades unhas boas festas.

3 comentarios en “Magical Mistery Tour, pura ourivería sónica

  1. Gracias Gonzalo. La noche ha sido excelente, y Antía, referente a la música, sus preferencias van muy parejas a las tuyas. Le ha gustado mucho lo que has escrito y te manda saludos.
    Un abrazo.
    Felices fiestas.

  2. Boas festas, querido Gonzalo: como integrante del karma ( espero que en el lado amistoso) no quiero dejar sin contestación tu entrada a pesar de que el día de hoy para mí, es agobiante. Hoy voy a tener a toda la familia y las horas vuelan.
    Cuando venga mi hija le daré a leer tu artículo; Le encantará. Ella de música seguro que sabe casi tanto como tú. Estoy segura que todos esos discos que enumeras, los conoce. Es más, apostaría algo y creo que no perdería, que forman parte de la gran colección que desde el techo del salón hasta el suelo, soporta su peso la estantería que unicamente Atlas aguantaría su carga.
    Y tengo que dejarte ya. Siento no poder explayarme más, el tiempo apremia y hoy espero que el premio me lo den a mí los comensales. Me conformo con una enhorabuena.
    Felices Fiestas a todos los barbantianos.
    Besiños, Gonzalo.

    1. M0itas gracias, moi ben querida Magdalena. Agardo que o pasases moi ben na noite de onte. Eu tamén agardo que á túa Antía lle guste este magnífico disco do cuarteto de Liverpool. Xa sei que coñece ben o seu oficio. Apertas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *