Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (VI)

460544-2yx5cdfu2jlj2wf5br5o22Fidel Vidal. O número 7 non semella aparecer demasiado agochado e moito menos perigoso, se ben pode mellorar nas grandes ocasións se lle descontamos 1 e o convertemos nun 6. Xogando á “espectra-lidade”, existen recordos na infancia de Mallarmé que nos remiten a ese mesmo díxito: “Perdín, moi neno, a miña nai, con 7 anos, adorado por unha avoa que me criou” (Carta de Mallarmé a Verlaine, París, 1885) Mais por que ese erro, ese lapsus, na idade (7 anos) se sabemos que a súa nai faleceu cando o cativo contaba só 5? Exactamente, porque a súa nai morreu no ano 1847. Continuemos co xogo. Se ao 7 errado lle engadimos 5, a idade real do autor naquela triste data, a suma dá 12 (sílabas do alexandrino francés). Un 12 que, invertido, dá 21 (combinacións posibles de dous dados sen repetirse). 2+1=3, e este |3 reflectido no espello debuxa outra cifra: Ɛ|3, un 8.

VII. O número insoportable.

Para Mallamé existe un número fixo insoportable. A que número se refire? Ao 6 dobre (12) dunha tirada máxima dos dados? Non parece. O número será precisamente o que oculta e no que se instauran os díxitos salvadores ou, polo menos, soportables, e sempre en funcionamento. Aqueles sobre os que se pode artellar o esquema xeral do poema. Referíndose á letra E muda en francés, Mallarmé celebraba ese feito como “un medio fundamental do verso” ao poder extraer unha conclusión en favor do verso regular: “que esa sílaba a vontade, omitida ou percibida, permitía a aparencia do número fixo o cal, marcado uniformemente e real, faise insoportable agás nas grandes ocasións” (S. Mallarmé, Fragmentos, p. 50. As cursivas son nosas).

Sic-Bo-dadosDas análises feitas sobre o insoportable número fixo, a de Jean-Marc Lemein (“Dieu ne joue pas aux dés”, mais Mallarmé…, 2015), acepta, dunha escala de seis apartados, un listado que vai desde os que denomina “imposibles”, até os “máis probables”, o máis acertado cae no número 7, o “descuberto” por Meillassoux. De todo o inventario, que vai do 1 até o 12, incluídas as distintas combinacións, aparecen todos agás unha excepción: o único que non aparece é o número 8: tamén desta vez está perdido ou non se pode pronunciar. O número 7, en principio non semella ser insoportable, polo que nos atrevemos con outras apostas. Continuando co xogo, preguntémonos: Que oculta o nome Stéphane (8 letras, ou 7 se contamos o ph como son) así coma nos pseudónimos femininos que sempre usou nalgúns dos seus escritos? Efectivamente, está a tapar o seu verdadeiro nome, aquel co que foi bautizado: Etienne (7 letras). Outra vez xorde o suposto número encriptado.

 

VIII. O Cero do remuíño.

Outra cifra que ten unha significación inmediata no poema de Mallarme é o cero (0), “porque se trata do símbolo evidente tanto do nada e do baleiro coma do remuíño, que se describe como circular e no cal se somerxen o navío e o Maître” (Q.M., p. 59). “Descóbrese tamén que unha “insinuación sinxela”, un “índice virxe”, é “enrolada” arredor dese remuíño. Logo, como dixemos, o remuíño, que representa asemade o nada e o naufraxio da poesía contemporánea, está simbolizado perfectamente polo 0 -tanto polo seu baleiro coma pola súa forma circular, sobre a que o texto insiste a través da súa función de enrolar. Mais, ¿que se enrola arredor do 0? Acabámolo de ver: unha “insinuación”, un “índice virxe”: dito doutro xeito, os dous “comme si” [coma se] identificados cun enigma que cómpre dilucidar para descubrir as dúas outras cifras que encadran o 0 central do Número” (p. 61). (Refírese ao 707)

3 comentarios en “Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (VI)

  1. E moitos máis: Os 7 samurais, o 7 machos, o 7 de ouros, é dicir, “o velo”, mesmo as 7 cabuxas. Bo Nadal, atenta Maagdalena, e mellor entrada de 2018. Saudiña e unha forte aperta.

  2. Buenos días, querido Fidel: para empezar te diré que yo nací un 17. Contiene ese dígito mágico que tanto mencionas.Yo soy bastante incrédula para ciertas cosas y jamás e comprado lotería pensando en un número concreto, pero la verdad es que el 7 -dicen- que representa lo sagrado unido a lo humano, formado por el 3 (la Trinidad) y el 4 (los Elementos Terrestres). 7 son los días de la semana. 7 son los Pecados Capitales. 7 las notas musicales. El arco iris tiene 7 colores. Las 7 maravillas del mundo. El famoso candelabro judío con sus 7 brazos. Los 7 planetas. La luna cambia de fase cada 7 días. Los 7 mares del mundo. Las 7 columnas sobre las que se edificó Roma. Los 7 años de vacas flacas, y 7 de vacas gordas. Dios creó el mundo en 7 días y dijo que había que perdonar 70 veces 7. Pero lo que más me entusiasma de todo eso Fidel, es que los hermanos Grimm y Perrault nos regalaron a Blancanieves con sus 7 ananitos y Las botas de 7 leguas.
    En la próxima te mandaré 7 anagramas , ahora estoy muy apurada, salgo a hacer compras que serán más de 7.
    70 veces 7, de felicidad para todos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *