Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach

Ulysses chamoume polo nome (I)

zurichGonzalo Trasbach. Lembremos que, con motivo da Iª Guerra Mundial, James Joyce abandonou Trieste e refuxiouse en Zurich, a onde xa chegara por vez primeira na compaña de Nora, os dous aínda mozos e cheos de enerxías e ilusións, cando saíran de Irlanda pouco despois do 16 de xuño do 1904. Á cidade suíza retornou por última vez fuxindo da Francia ocupada polos nazis. Mais nesta ocasión aterrou roto e enfermo, envellecido prematuramente, ao escenario onde antano tiña despregado a súa portentosa potencia creativa. Alí foi finalmente soterrado un frío 15 de xaneiro de 1941 no camposanto de Fluten. Seguir lendo Ulysses chamoume polo nome (I)

Joyce (V), o papel das mulleres, fundamental

joyce zurichGonzalo Trasbach. Mais con todo, moita xente axudou a Joyce para sacar adiante unha obra na que o dublinés tivo que librar unha continua loita a morte para vela publicada. Ademais do baluarte que foi, como xa se indicou, Pound, quen se foi distanciando do irlandés segundo este lle ía remitindo textos de Finnegans, proxecto no que non cría o norteamericano afincado en Venecia, tamén é de destacar a do crítico e escritor francés Valery Larbeau, a quen Joyce visitou cando fuxía cara a Zurich en Vichy, onde residía logo de perder a fala e a mobilidade en 1935. Seguir lendo Joyce (V), o papel das mulleres, fundamental

Joyce (IV), a postura de Eliot

eliotGonzalo Trasbach. E se ben se pode desculpar ao vello Shaw e tamén ao bate Yeats, a quen James Joyce apreciaba e cuxo falecemento, o 28 de xaneiro de 1939, o embargou de emoción; a todos os demais custa facelo, pois tiveron xestos perigosos, difíciles de perdoar nos creadores, pois neles detectábanse actitudes defensivas ante o que consideraban unha posta en cuestión dos seus antigos privilexios, os dos artistas considerados coma únicos gardadores, detentores e manipuladores da linguaxe da tribo. Mais escápase deste contexto a postura de T.S. Eliot? Seguir lendo Joyce (IV), a postura de Eliot

Joyce (III), a aptitude da vangarda británica

imaxinismoGonzalo Trasbach. E que se pode dicir da aptitude da chamada vangarda británica no momento da irrupción do “Ulysses” no escenario literario dende 1922 ata 1939? A pregunta é pertinente, polo menos, dende o punto de vista da historia da creación literaria daquela época. Lembremos que no ano da aparición desta obra de Joyce, os considerados integrantes do denominado movemento modernista tiñan unhas certas concomitancias moi semellantes coa escritura joyceana. Ademais, Joyce, pese aos esforzos de Ezra Pound, non entrou ou non foi considerado con valor suficiente coma para figurar na antoloxía dos Imagistas, nin tampouco foi admitido na relación de integrantes do Movemento Vorticista, artillado ao redor da revista Blast. Seguir lendo Joyce (III), a aptitude da vangarda británica