Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach

Joyce (II), o porco espiño dos escritores?

Wake-BerryGonzalo Trasbach. Dende hai 113 singraduras, o 16 de xuño é coñecido coma Bloomsday. O día da epopea que inmortalizou ao don ninguén, ao insignificante Bloom. Pero que á vez é a xornada na que Joyce se namorou de Nora Barnacle, cando paseaba con ela pola praia nas proximidades de Sandycove e a Torre Martelo antes de exiliarse no continente. Seguir lendo Joyce (II), o porco espiño dos escritores?

Joyce (I), maldito ou sedutor?

James Joyce Ulysses_clip_image002Gonzalo Trasbach. Febreiro é o mes máis curto. Pero ten días luminosos: o 2 de 1882 naceu James Joyce en Dublín. Nesa data é a Candelaria e casan os paxaros. Aínda que tamén os ten inhóspitos e ariscos coma a terra xeada: o 11 de 1963 Sylvia Plath tirou a vida nun Londres nevado. O 6 do 2017 fixo 68 anos que miña mai me pariu en San Martiño. Boiro (A Coruña). Acabo de culminar o meu traballo na viña de Lara e penso en curiosas coincidencias: o 16 de xuño do 1956, Plath contraeu matrimonio con Ted Huges. Elixiu ese día para que coincidira co que James Joyce situou a acción do seu Ulysses. Seguir lendo Joyce (I), maldito ou sedutor?

Pipper’s, un prodixio de psicodelia

beatrle1Gonzalo Trasbach. Un 26 de maio de 1967 pechouse a gravación de “Sgt. Pipper’s Lonely Hearts Club Band”, o talvez máis aclamado disco de The Beatles, que non se publicou ata o 1 de xuño. En 1974, a revista musical NME elixiuno coma o mellor álbum da historia da música popular contemporánea. O mesmo título que no 2003 lle outorgou Rolling Stone. Aínda arestora, 50 anos despois, numerosos críticos musicais o cualifican cun dez sobre dez. Seguir lendo Pipper’s, un prodixio de psicodelia

Hendrix: Are You Experienced?

Are_You_Experienced_-_US_cover-editGonzalo Trasbach. Despois de pór a súa fabulosa técnica guitarrística ao servizo do talento de xentes coma King Curtis, Little Richard, B.B. King, Sam Cooke, Isley Brothers, Ike&Tina Turner, Curtis Knight e os Famous Flames de James Brown, James Marshal Hendrix (Seattle, 27/11/1942-Londres, 1970), a quen o seu mananger Chas Chandler, baixista de The Animals, rebautizou coma Jimi Hendrix, viaxou a Londres, onde atopou a súa lanzadeira musical definitiva. Seguir lendo Hendrix: Are You Experienced?