Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach

Roxe de Sebes: mil días exilado na montaña

roxe1Gonzalo Trasbach. Que é Roxe de Sebes? Un lugar onde palpita a terra, contaminada a fondo pola impureza da finitude, da condición mortal. Onde está? Nunha paraxe próxima (a hora e media de distancia) á pequena e bastante afastada aldea de Soldón da Seara, na serra do Courel. Cravada entre montañas de herba atopou Ignacio Castro Rey (Compostela, 1952) a cabana do Culán, onde, tras reformar e acondicionar o habitáculo, se instalou e morou durante mil días (sete anos, 1983-1989), en intervalos de dous e catro meses. De aí o nome deste libro singular e fermoso: Roxe de Sebes. Mil días na montaña. Seguir lendo Roxe de Sebes: mil días exilado na montaña

Bloom, Deadalus, Sancho e Don Quixote, en Dublín

bloomsdayGonzalo Trasbach. Tense dito que o asasino sempre regresa ao escenario do crime. Coma cada 16 de xuño dende hai moitos anos volvo a Dublín, aínda que só sexa voando coa imaxinación, para seguir os ecos das pisadas de Stephen Deadalus e Leopoldo Bloom, naquela xa mítica odisea moderna ou xornada do 16 de xuño de 1904, que está recollida nas páxinas do Ulises, libro que, segundo Borges, para o lector de finais do XX e primeiros do XXI, precede á obra de Homero. Este, ao meu entender, fai unha fugaz aparición no Ulises caracterizado como o cantante cego que Bloom escoita na rúa cando escapa das sereas. Un detalle que me lembrou a Hitchcock, quen tamén case sempre sae nalgún breve fotograma das súas películas. Seguir lendo Bloom, Deadalus, Sancho e Don Quixote, en Dublín

Handke e o Lugar Silencioso

ensayoGonzalo Trasbach. Un lembra unha declaración de Peter Handke (Griffen, Austria, 1942) na que afirmaba que tiña fracasado con todos os seus libros, agás talvez con dous curtos: Ensayo sobre el Jukbox, Ensayo sobre el cansancio ou Lucie en el bosque con estas cosas de ahí. Subliñaba o austríaco que, pese a toda a súa marxinalidade, dalgún xeito son pequenas obras mestras. Pois ben, hoxe imos escribir sobre outra pequena xoia súa, na que fala a cerca de lugares ou sitios apartados, que poboan as marxes: Ensayo sobre el Lugar Silencioso (Alianza, 104 páx.). O poeta, escritor e cineasta de Carintia, que sempre quixo falarnos da chuvia que alimenta os ríos, da neve, diso terrible que habita coma un espectro nos pobos e lugares, cóntanos nesta ocasión a súa relación cun habitáculo moi pouco apreciado nas costumes habituais: o cuarto de baño. Seguir lendo Handke e o Lugar Silencioso

Ella Fitzgerald: un legado monumental

ella loveGonzalo Trasbach. Un 15 de xuño de 1996, é dicir, vai facer vinte anos, Ella Fitzgerald deixou de cantar para sempre tras deixarnos un formidable legado de máis de 250 gravacións. A homoxeneidade foi o denominador común da súa longa carreira artística. Nacida un 25 de abril de 1917 en Newport (USA), a que máis tarde sería coñecida como Lady of Song debutou en 1935 cando se publicou Love and Kisses, un disco no que aínda se amosaba coma unha adolescente coitadiña e cunha madura pulcritude formal, un feito que resulta divertido ao comparalo coa relaxada voluptuosidade e espontaneidade xuvenil da súa última etapa como vocalista. Seguir lendo Ella Fitzgerald: un legado monumental