Gonzalo Trasbach. Estelas de luz. Agora cando xa se senten máis cerca os suaves pasos do crepúsculo de agosto, escavando unha vez máis no vello lodo da memoria, doume conta de que hai xa 50 anos que se publicou Highway 61 Revisited, disco mítico que ratificou a definitiva conversión de Bob Dylan á electrificación da súa música. Como moitos lembrarán, foi no festival de folk de Newport de 1965 cando o cantautor de Minnesota deu os seus primeiros pasos nesa dirección, provocando un profundo cisma entre os incondicionais Seguir lendo Bob Dylan, 50 anos despois
Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach
O Establishment
Gonzalo Trasbach. Logo de obter un éxito internacional con Chavs (Capitán Swing, 2012), Owen Jones (Sheffield, Inglaterra, 1984) volve ás librerías coa escopeta cargada cunha fina e penetrante munición. Se na anterior obra escarvaba na herdanza política e cultural do tacherismo, en O Establishment (Seix Barral, 2015) dispara sen piedade, con furia e rabia contra o novo réxime urdido na Gran Bretaña pola Dama de Ferro na década dos oitenta e apuntalado máis tarde polos sucesivos gobernos dende entón até agora, fosen laboristas ou conservadores. Nesta andaina de 471 páxinas Jones supera cun infatigable e constante esforzo os atrancos que lle saen ao camiño para artillar un formidábel estudo da historia política de U.K. despois da Segunda Guerra. Seguir lendo O Establishment
As casas de Banda do río

Gonzalo Trasbach. Ergueuse gris o ceo. Entrelazábanse as nubes formando un manto uniforme por entre o cal se filtraban os raios dun sol un tanto preguiceiro. Pregúntase que fai alí plantado no medio do campo de Rebelar. Lémbrase dos mediodías dourados e as brisas brancas das primaveras infantís. Agora o ambiente parécelle cansado, melancólico. Como se o pasado e o presente non quixesen espertar nunca e todo quedase a medio camiño. Seguir lendo As casas de Banda do río
Cassandra & Specks
Gonzalo Trasbach. Aproveitando o material acumulado para o segundo volume da miña “Caligrafía sonora feminina” (“das divas dos oitenta e noventa até as novas aspirantes”), atópome dous nomes que este ano teñen publicado cadanseu disco: Cassandra Wilson e Cold Specks. Coido que, sendo bastante diferentes, os traballos destas donas de ébano merecen un pouco de atención, malia a calor deste verao. No ano no que Billie Holiday (1915-1959) tería cumprido un século de vida, a cantante de jazz Casandra Wilson (Jackson-Mississipi, 1955) homenaxea a Lady Day cun álbum co que lle dá un novo xiro á súa carreira artística. Seguir lendo Cassandra & Specks