Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach

Un sétimo home, de John Berger

berger 1Gonzalo Trasbach. Segundo conta a lenda, logo de recibir o Booker Prize pola súa novela G, John Berger (Inglaterra, 1926) deu a metade do premio (5.000 libras da época) aos Panteras Negras, e investiu a outra metade nun proxecto a medias co fotógrafo Jean Mohr (Suiza, 1925). De aí xurdiu Un sétimo home (Capitán Swing), un traballo que antes de converterse en libro quixo ser película, pero que por falta de recursos acabou nun volume cuxos capítulos preséntanse coma as secuencias dunha cinta. Segundo o poeta húngaro Attila Jozsef (1905-1937), os sufrimentos do home sempre se multiplican por sete (abrirse camiño na vida, loitar pola existencia, atopar muller e mesmo morrer…). Seguir lendo Un sétimo home, de John Berger

Sobre Cráter, de Olga Novo

craterGonzalo Trasbach. Se é certo que a poesía non debe recuar fronte ao reto ou desafío do sentido común, á sinxeleza do vulgar. Que non debe buscar un mundo aparte, a salvo, nin debe ser tampouco o adorno ou casa de turismo rural excepcional da fin de semana. Nin así mesmo o colorido da prosa do día ou da noite, todo un luxo para o tempo de lecer. Se é certo que a poesía é a verdade do mundo, razón pola cal debe ser precisa, moito máis que a ciencia: coa precisión do imperfecto, do irregular e rugoso, do que está mesturado coa morte e o non saber cotián. Se son certas as cousas escritas nestas liñas, entón afirmamos, sen rubor, que Olga Novo (Vilarmao, Pobra do Brollón, 1975), é unha poeta auténtica. Seguir lendo Sobre Cráter, de Olga Novo

A exquisita colleita do 1915: Billie Holiday, Orson Wells, Édith Piaf…

piaf 1Gonzalo Trasbach. No xogo dos aniversarios, centenarios ou efemérides, nos que ás veces lembramos as datas de nacemento ou falecemento de figuras artísticas e culturais que nos interesan, o pasado mes lembramos aquí a Billie Holiday, co gallo do seu centenario, pois a diva do jazz tiña nacido un 7 de abril de 1915, un ano no que viñeron ao mundo outros afamados persoeiros e personaxes. Nestes días todos os medios celebraron o século dun mito do celuloide e dun home de acentuada carnalidade e personalidade: Orson Wells (6/05/1915-10/10/1985). Seguir lendo A exquisita colleita do 1915: Billie Holiday, Orson Wells, Édith Piaf…

Queridas Amy e Courtney: cálidas apertas

amyGonzalo Trasbach. Estou metido nun traballo de formiga que, cando o remate, penso titular “Caligrafía sonora feminina”. E, sen querer, atópome con que dúas das moitas artistas que figuran na miña pequena constelación están sendo noticia nestes días con motivo de cadanseu filme cos que están relacionadas directamente e que espertaron e van seguir espertando controversia nos medios americanos e británicos. Estamos a falar de Amy Winehouse, falecida no 2011, e de Courtney Love, muller do mítico Kurt Cobain, líder de Nirvana e que se suicidou hai 21 anos. Seguir lendo Queridas Amy e Courtney: cálidas apertas