Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach

A cor das lilas nomea o teu nome

lilaGonzalo Trasbach. Logo de pasar dous días en Bos Aires e outros dous en Santiago, agora xa estamos en Castro, a cidade máis importante de Chiloé, illa principal do arquipélago que conforma a provincia do mesmo nome do sur de Chile, á altura do paralelo 42, máis ou menos o mesmo no que está situada Galicia, pero esta no hemisferio norte. Cunha xeografía, unha paisaxe e un clima moi semellantes aos da nosa comunidade, nesta terra (chamada no seu tempo Nova Galicia), verde, boscosa, abondosa, xenerosa e fértil, pero tamén violenta (pola actividade volcánica), hai 108 variedades de patacas. Danme a probar unha de cor lila. Ao mastigala penso en ti, meu amor, e desexo volver xunto a ti para darche 108 bicos e abrazos. Seguir lendo A cor das lilas nomea o teu nome →

Donovan e Londres na lembranza

donovanGonzalo Trasbach. Os dous primeiros veráns que pasei en Londres coincidiron coas edicións máis potentes e talvez masivas do festival Isla de Wight. No ano 69, cando arribei a Victoria Station –era a primeira vez que saía de Galicia-, a estación de trens máis enorme que vin na miña vida, e iso que o día anterior xa pasara por dúas de París, o coro sonoro que xiraba na miña cabeza era moi limitado: ademais dos cantantes galegos e españois daquel tempo, The Beatles, Rolling Stones, Bob Dylan… e pouco máis. Seguir lendo Donovan e Londres na lembranza →

Vixencia de Rock Bottom, cumio da excelsa obra de Robert Wyatt (II)

robert_wyatt_-_ruth_is_stranger_than_richard_-_frontGonzalo Trasbach. Pero se Rock Bottom é a súa obra mestra, no é a única excelsa de Robert. Lembremos, pois, outras cimas importantes na súa longa cabalgada en solitario:

Con Ruth Is Stranger Than Richard (1975) o jazz e o pop acadan novas formas na súa creación. Así o demostran a colorista Soup Song e os malabarismo vocais, outra vez un instrumento máis –como se observa no diálogo piano-voz que establece con Frith en Muddy Mouse. Seguir lendo Vixencia de Rock Bottom, cumio da excelsa obra de Robert Wyatt (II) →

Vixencia de Rock Bottom, cumio da excelsa obra de Robert Wyatt (I)

robert-wyatt-rock-bottom-1Gonzalo Trasbach. O mítico Rock Botton cumpre corenta anos. Aínda que editado en xullo de 1974, foi  presentado en público o 8 de setembro nun concerto en Londres. Aquí tardamos máis en coñecelo. Estando na mili, nun permiso e a través dun amigo, escoitei por vez primeira o segundo disco en solitario de Robert Wyatt, o batería dun grupo que tiña marcado un punto de inflexión no chamado rock progresivo: Soft Machine. Lembro que cando oín a fonda tristura que saía daquela voz afiada, o meu decaído ánimo mudou e logo empreguei bastante tempo para atopar información sobre o autor e a súa traxectoria. Seguir lendo Vixencia de Rock Bottom, cumio da excelsa obra de Robert Wyatt (I) →