Vixencia de Rock Bottom, cumio da excelsa obra de Robert Wyatt (II)

robert_wyatt_-_ruth_is_stranger_than_richard_-_frontGonzalo Trasbach. Pero se Rock Bottom é a súa obra mestra, no é a única excelsa de Robert. Lembremos, pois, outras cimas importantes na súa longa cabalgada en solitario:

Con Ruth Is Stranger Than Richard (1975) o jazz e o pop acadan novas formas na súa creación. Así o demostran a colorista Soup Song e os malabarismo vocais, outra vez un instrumento máis –como se observa no diálogo piano-voz que establece con Frith en Muddy Mouse. Aquí hai un pequeno espazo dedicado ao jazz politizado, en dúas versión: Song For Che, de Charlie Haden, e tamén para os primeiros coqueteos coa música africana a través de Sonia, composición de Feza.

Robert+Wyatt+-+Nothing+Can+Stop+Us+-+LP+RECORD-450563Nothing Can Stop Us (1982) non é un álbum propiamente. É o conxunto de cancións que gravara para Rough Trade en 1980-81. Se Rock Bottom significou o rompemento con Soft Machine e Matching Mole, este supuxo unha crebadura no temático, pero non no estético. Partindo das versións de Strange Fruit (tema do xudeu Lewis Allan que Billie Holiday tiña interpretado en memoria das víctimas do Ku Klux Kan), Arauco (Violeta Parra), Caminera (Carlos Puebla), Red Flag (tradicional) e Stalingrad (poema recitado no disco polo seu autor Peter Blackman), Wyatt radicalizou a súa postura marxista e transformou a interpretación de cancións alleas nunha verdadeira arte: a versión de At Last I Am Free, o tema de Chic Corea, é toda una declaración de principios neste sentido.

Robert WYATT old rottenhatEn Old Rottenhat (1985), contando con composicións propias, Wyatt amosa a súa visión enrabechada e poética fronte aos desaxustes mundiais. Algo máis pop que folk, o disco vai do abstracto –Vandalusia, un bocexo sobre as fronteiras xeográficas e aními-cas-, The Age Of Self, sobre a loita de clases, ata pola súa percepción demoledora e retranqueira de The United States Of Amnesia, onde lles berra aos gobernantes americanos: “construíde o voso imperio ario en paz”.

DondestanDondestan (1991), co dibuxo de Alfreda Benge nunha portada que evoca o apartamento no que viviran en Castelldefels, é a continuación do anterior: a mirada panorámica de Wyatt repasa dende o catolicismo ata a loita palestina, minimizando cada vez máis o sonido e logrando que convivan a reflexión política coa melodía máis cauta e sixilosa.

robert-wyatt-shleepShleep (1997). Aínda que sempre baixo o denominador común da voz de Wyatt e atmosfera sonora dos seus teclados, falamos dun disco tan cambiante como distintos son os estilos dos tres guitarristas que participan: Manzanera, Paul Weller e o jazzman Philip Catherine. Eno aporta sintetizadores, voz e estado de ánimo. O veterano Evan Parker, Annie Whitehead e Benge redondean a saborosa nómina.

Robert_Wyatt-CuckoolandCuckooland (2003). Ahora con Karen Manthler como aprezada acompañante nos xogos vocais e arabescos con harmónica: da sensual versión de Insensatez á infausta lembranza de Hirosima e Nagasaki en Foreing Accents.

EPS (1999). Unha compilación onde sobresaen Memories (clásica de Hugh Hopper), Biko (Peter Gabriel), Round Midnight (Thelonius Monk), Te recuerdo Amanda (Víctor Jara), I´m A Believer (The Monkees) e Shipbuilding (Elvis Costello).

RobertWyattFriends-TheatreRoyalDrurPechamos o percorrido con Theatre Royal Drury Lane 8th September 1974 (2005), disco que recolle o concerto de presentación de Rock Bottom, cunha banda incríbel (Frith, Hopper, Feza, Gary Windo, Julie Tippetts, Mike Oldfield, Laurie Allan, Dave Stewart, Nick Manson, John Peel e Ivor Cutler) e un repertorio no que se alternan temas do mítico disco con cancións da súa mellor época canterburiana, antes do aciago accidente, antes de escoitar o silencio do deserto e antes tamén da serena introspección.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *