Arquivo da categoría: Uxía Casal

Sempre en obras

o fioUxía Casal. Hai pouco recibín efusivas mostras de afecto dunha persoa, algo que non debería sorprender e, de feito, non foi sorpresa o que sentín, pero si abraio cando ollei para atrás e constatei as variadas fases que atravesou a nosa relación ao longo dos anos. Sospeito que non son a única á que lle ocorre deterse a pensar nun momento dado como vai cambiando a vida a medida que pasamos polo tempo, que por moito que coidemos rematada unha angueira, trabucámonos por completo, pois as angueiras transfórmanse, pero non rematan nunca. Seguir lendo Sempre en obras

Luz

limónUxía Casal. Levo enriba unhas cantas estacións e podo afirmar que, polo momento, a que máis me gusta é o outono, coma a tantos outros que gozan desa luz dourada, menos intensa cá do verán e máis viva cá do inverno, dos matices tan variados da gama de marróns e ocres que co paso dos días vai dotando as follas das árbores, da aparición de novos animais e a marcha doutros… Seguir lendo Luz

Especies

O FIO. IMAXEUxía Casal. Foi ao instalármonos en Ribeira cando vin clara a posibilidade de ter un can; mellor dito, unha cadela. Derrotada a fobia que lles tiña, desexaba saber que era convivir con esa especie que tantos praceres lles reportaba a moitos. Como novata que quere facer ben as cousas, informeime a conciencia: lin libros sobre razas, etoloxía, costumes, hixiene e todo canto me pareceu necesario para iniciar esa aventura Seguir lendo Especies