Feminismo

O Fío de Ariadna. Marzo 2015Uxía Casal. Nunca coidei que ía comer o mundo cando era nova; se acaso, máis ben desexaba atopar nel un lugar no que me sentise cómoda e puidese desenvolverme como persoa. Durante anos a forza da miña visión enganoume en moitos aspectos, se cadra axudada por dedicarme ao ensino público en pé de igualdade cos compañeiros. Estudei dúas carreiras universitarias e aprobei unha oposición que me facilitou vivir con dignidade e realizar un traballo que me gustaba. A casa sempre foi un lugar compartido onde as tarefas non estaban repartidas, senón que se facían en común para o mutuo benestar. Para min iso era o normal, até o punto que non me coidaba feminista porque –ilusa de min- pensaba que non cumpría.  Porén, fun comprobando que o meu non era un caso normal cando oía comentarios de compañeiras que reproducían comportamentos domésticos máis propios de épocas pasadas ca do presente. Se retrucaba, a resposta era a mesma: “Ti tiveches sorte”. Sorte?, pensaba eu, que clase de sorte? Vivir co meu mellor amigo? Compartir o bo e o malo? Pensar que o mundo non se divide en homes e mulleres, senón en boas e malas persoas, por exemplo? Agora, retirada daquel ámbito, sei que o meu mundo non era nin é parámetro de nada. E si, son feminista.

Esta entrada foi publicada en Narrativa, Uxía Casal. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>