Xerardo AgraFoxo. Deixoume nun lugar que se chamaba Vila, considerado como a capital municipal de Ilhabela. O seu centro era un claro exemplo da arquitectura colonial e imperial brasileira. As casas eran ananas, as cores das fachadas amosaban un balance equilibrado de tons azuis e brancos e as rúas eran simétricas. A vida transcorría entre o peirao e a estrada que fendía a illa pola costa oeste. Seguir lendo Ilhabela
Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo
Pelé
Xerardo AgraFoxo. O autobús deixoume nunha estación pequena. Non sabía onde estaba e dirixinme a un empregado que, algo desconcertado polas miñas preguntas apresuradas, me explicou que chegara a Porto de Santos. Aínda que me dixo que alí non atoparía onde aloxarme, puxen a mochila nun ombreiro e camiñei decidido cara ao centro histórico. Pola súa faciana decadente e tendas cativas semellaba un barrio do centro d’A Habana. Seguir lendo Pelé
Día da conciencia negra
Xerardo AgraFoxo. Aquela xornada era festiva por celebrarse o Día da Conciencia Negra. Os actos comezaran uns días antes na capital estatal. Coincidindo con esa celebración, o xornal Folha de São Paulo publicara este diálogo nun consultorio hospitalario da contorna:
–Vostede é o médico? Seguir lendo Día da conciencia negra
Tiradentes
Xerardo AgraFoxo. –Hai alí algún recordo seu?
–Si, claro –dixo, e amosoume un folleto turístico–. Nun muro da súa casa natal hai esta placa: “O Tribunal de Xustiza a Tiradentes. Reverenciándolle a memoria. Absólveo e repudia a inxusta sentenza que o condenou”. Seguir lendo Tiradentes