Ilhabela

9aXerardo AgraFoxo. Deixoume nun lugar que se chamaba Vila, considerado como a capital municipal de Ilhabela. O seu centro era un claro exemplo da arquitectura colonial e imperial brasileira. As casas eran ananas, as cores das fachadas amosaban un balance equilibrado de tons azuis e brancos e as rúas eran simétricas. A vida transcorría entre o peirao e a estrada que fendía a illa pola costa oeste. O engado do seu pasado histórico convivía con harmonía coas tendas turísticas e a actividade deportiva con maior tradición no lugar, considerado como a Capital Nacional da Vela.

Na Secretaría Municipal de Cultura, iluminada na fachada con tres bandeiras, dixéronme que o embarcadoiro para regresar a São Sebastiãoestaba a oito quilómetros. 9bSó tiña que coller a Rota Pedestre que pasaba ao borde do edificio. A proximidade das praias, a panorámica que ofrecía a canle entre a illa e o continente, o contacto coas palmeiras do sendeiro, onde descubrín un enxeño azucreiro da época colonial perfectamente conservado, e o pracer de avanzar paseniño por aquela senda, que semellaba unha trilla trazada entre a espesura da Mata Atlántica, contempleino como unha experiencia que talvez nunca repetiría.

O lema turístico desta illa, tan fermosa, exuberante e cativadora, era un dos máis axeitados de cantos vira durante as miñas viaxes ao redor do mundo:

365 DÍAS PARA VOSTEDE VOLVER.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>