Xerardo AgraFoxo. Antes de baixar á praia sentei con dúas mulleres nun banco de cemento. Eran dúas persoas cunha ollada sinxela e humilde, nada receosas. Malia as súas idades, Nyoba tiña trinta e tres anos, e Yajuba vinte e nove, semellaban vencidas por unha vida que non lles sorría. Estaban varadas na praza, agardando por un autobús. Entre as dúas gañaban ao redor de catro euros. Seguir lendo Ngor
Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo
Yoff
Xerardo AgraFoxo. A praia era un areal inmenso, coma un abeiro salvaxe ateigado de nenos emboutados de area, mozos refregando as cabras na auga salgada, nenas ao redor das súas nais e mulleres que -a chegada dun cayuco. Cando este ancorou na beiramar, mentres uns cativos controlaban as redes, os mariñeiros desembarcaron as capturas e as súas donas recolléronas nuns caldeiros para levalas aos postos de venda. Seguir lendo Yoff
Thiaroye Sur Mer
Xerardo AgraFoxo. Todo xiraba ao redor da caótica e vibrante estrada, ata que ouvín os rinchos dun tren cisterna que circulaba entre dúas mazás de casas. Fun detrás dos seus estoupidos e o que me atopei foi un escenario inimaxinable: un suburbio erguido a carón duns raís maltreitos convertidos no eixo da vida cotiá. Seguir lendo Thiaroye Sur Mer
Lago Rosa
Xerardo AgraFoxo. Baixei ata o embarcadoiro, onde había unhas cadeiras de vimbio e uns parasoles ao redor dunha cafetaría. O tempo era excelente e a panorámica fermosa. Dende aquel miradoiro contemplaba toda a superficie do lago, coas piraguas fedellando nas augas e as mulleres atendendo os seus postos de artesanía. Seguir lendo Lago Rosa