Xerardo AgraFoxo. Da man da directora india Mira Nair (Orissa, 1957) e coas interpretacións de David Oyelowo (Selma, Nina Simone, Un reino unido), Lupita Nyong´o (12 anos de escravitude) e Madina Nalwanya, unha bailarina de 15 anos escollida entre 700 candidatas, esta película conta unha historia sucedida nun país onde non hai moito tempo mandaran o corrupto Milton Obote e o tirano Idi Amin Dadá. O argumento d´A raíña de Katwe (2016) transcorre nun arrabalde marxinal de Kampala (Uganda), erguido coma unha favela nas marxes do lago Vitoria, onde unha moza, Fhiona Mutesi, pretende saír da vida miserenta que a cingue grazas á axuda dun mestre, Robert Katende Seguir lendo A raíña de Katwe, de Mira Nair
Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo
A criada, de Park Chan-Woo
Xerardo AgraFoxo. Esta película está considerada como unha das mellores do cine asiático dos últimos anos. E chéganos da man de Park Chang–Woo, un dos grandes realizadores do cine coreano xunto con Lee Chan–Don (Poetry), Lee Su–Sin (Princesa) e Hong Sang–Soo (Antes si, agora non). A historia de A criada (2016), “multipremiada” en numerosos festivais internacionais, sitúase na Corea dos anos 30, cando o país se atopa baixo a bota nipona. E cóntanos a vida dunha moza, Sookee, que é contratada como asistenta dunha rica muller xaponesa, Hideko, que vive recluída nunha mansión baixo a influencia dun tirano, vello e avarento. Seguir lendo A criada, de Park Chan-Woo
A estación das mulleres, de Leena Yadav
Xerardo AgraFoxo. A historia desta fermosa película está ambientada nunha aldea da India máis rural, onde catro mulleres novas loitan contra as tradicións que rexen no estado de Gujarat. Ranai, que quedou viúva con 16 anos, intenta casar o seu fillo segundo as convencións do lugar. A súa mellor amiga, Lajjo, vive na amargura porque non consegue darlle un fillo ao seu home, un brután que non deixa de mallar nela. Bijli, unha bailarina e prostituta, sofre as consecuencias dunha vida sen sentido, onde a súa beleza e carácter lle provocan problemas. A cuarta muller desta historia é Janakhi, a nora de Ranai, que casou forzada con 15 anos e non consegue esquecer o seu mozo. Seguir lendo A estación das mulleres, de Leena Yadav
A clase de esgrima, de Klaus Härö
Xerardo AgraFoxo. Fuxindo do seu pasado e da policía secreta de Josef Stalin, Endek Nelis, un mestre de ximnasia, chega a Haapsalu, Estonia, para desempeñar o seu traballo nun club deportivo para cativos. Son os anos cincuenta do pasado século e a ocupación rusa nos países bálticos está presente en todos os recunchos da vida duns habitantes que viven dentro dunha atmosfera de medo e opresión. Cando Endel esperta a admiración dos seus alumnos, o director da escola, un comisario político do réxime comunista, cismado que a esgrima é un deporte burgués e decadente, procurará indagar no seu pasado para desacreditalo diante da comunidade educativa local. Seguir lendo A clase de esgrima, de Klaus Härö