Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo

Neruda, de Pablo Larraín

nerudaXerardo AgraFoxo. Pablo Larraín (Santiago de Chile, 1976), o director desta interesante película, ademais de ser fillo dun senador da extrema dereita chilena, é o autor de No (2012), nominada aos Premios Óscar,  a excepcional  El Club (2015), onde retrataba unha comunidade de cregos pederastas, e  Jackie (2016), sobre a vida de Jacqueline Kennedy, interpretada por Natalie Portman.

O argumento de Neruda ten que ver cun episodio vinculado coa vida política deste poeta: no  ano 1948 o senador Pablo Neruda acusou o goberno chileno de traizoar os comunistas. Seguir lendo Neruda, de Pablo Larraín

Elvis & Nixon , de Liza Johnson

elvisXerardo AgraFoxo. Máis que unha película, esta historia baseada en feitos reais semella un docudrama no que se enfronta a dúas personalidades históricas tan controvertidas como diferentes entre si.  Nun lado está o presidente Richard Nixon nun intre do seu mandato condicionado polas protestas urbanas e a posibilidade de perder a Guerra do Vietnam. Na outra, Elvis Presley, o Rei do Rock, en declive a medida que a beatlemanía arrasaba nos Estados Unidos, que intenta entrar no Despacho Oval para cumprir unha teima que se lle meteu na cachola durante as noites de insomnio en Graceland Seguir lendo Elvis & Nixon , de Liza Johnson

Tan humana esperanza, de Alessandro Mari

tan humanaXerardo AgraFoxo. Este autor lombardo (Busto Arsizio, 1980), sería un perfecto descoñecido no mundo literario italiano se non fose polo éxito que tivo esta obra, Premio Viareggio 2011, Premio Kihk Green Opera Prima, Premio Massarosa e considerada por La Stampa como unha grande fazaña narrativa. Unha obra ambientada na primeira metade do século XIX e que ten como eixe condutor catro mozos na procura dunha vida mellor: Colombino, un labrego orfo perdidamente namorado; Leda, unha fuxitiva dun convento recrutada como espía; Lisander, pintor retratista de mulleres aristócrata engaiolado polo novo arte d Fotografía; e un tal Giuseppe Garibaldi, aventureiro e revolucionario que pretendes cambiar o rumbo da historia. Seguir lendo Tan humana esperanza, de Alessandro Mari

El intérprete del dolor, Jhumpa Lahiri

Interprete del dolor_135X220Xerardo AgraFoxo. Malia que naceu en Londres, pasou a mocidade en Rhode Island e, na actualidade, vive en Roma, Jhumpa Lahiri é unha escritora que sempre reflicte nas súas obras a orixe bengalí dos seus pais.  No ano 2000, cando só tiña 32 anos, gañou o Premio Pulitzer pola novela  El Intérprete del dolor. Así comezaba hai uns meses neste café unha recensión sobre La Hondonada, a última obra desta escritora que tamén publicara El Buen nombre (2006) e Tierra desacostumbrada (2008).

El intérprete del dolor, reeditado agora por Salamandra (2016), está formado por nove relatos escritos con elegancia e sinxeleza sobre os conflitos persoais duns seres cativados polos conflitos que arrastran.  Seguir lendo El intérprete del dolor, Jhumpa Lahiri