Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo

Na lembranza dos movementos libertarios

breveXerardo AgraFoxo. Este libro publicouno Memoria Libertaria, o grupo de Memoria Histórica da CNT que naceu para reivindicar a lembranza dos milleiros de homes e mulleres que na Galiza participaron nas iniciativas rebeldes do movemento libertario. Para tal motivo contou coa Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfíns, unha asociación xurdida en Lousame que toma o nome dos mineiros que foron asasinados ou sufriron unha dura represión despois do triunfo do golpe de estado do 36 en Galicia. O libro comeza coa orixe e estrutura social das minas de San Finx, relata despois o nacemento do Sindicato Mineiro e de Profesións Varias de Lousame Seguir lendo Na lembranza dos movementos libertarios

O motivo real dun suceso centenario

cans2Xerardo AgraFoxo. O asinante deste libro é o recoñecido mestre e historiador Manuel Mariño del Río, autor, entre outras, das seguintes obras: Naufraxios e accidentes no mar da Ría de Muros e Noia, Carpintería de Ribeira en Porto do Son, O peto de cartón, A industria derivada da pesca no Porto do Son ou Os petróglifos de Porto do Son.

Nesta última achega cultural presenta este libro, Os tráxicos sucesos en Cans (Nebra): 1916, relacionada coa revolta labrega sucedida o 12 de outubro de 1916 e que ocasionou a morte de cinco veciños da devandita parroquia. Seguir lendo O motivo real dun suceso centenario

O Portus Apostoli de Noia

Naves con mercadorías do mar do Norte e do Mediterráneo traían tamén peregrinos
Naves con mercadorías do mar do Norte e do Mediterráneo traían tamén peregrinos

Xerardo AgraFoxo. O ano 1122 o papa Calixto II concedeulle a graza do Ano Santo á igrexa xacobea. Catro anos despois celebrouse o primeiro Ano Santo Compostelán. Despois destas dúas datas, numerosos peregrinos europeos camiñaron dende o Portus Apostoli de Noia ata o Locus Sancti. Varios documentos demostran esta realidade histórica.  Seguir lendo O Portus Apostoli de Noia

Patria, de Fernando Aramburu

patriaXerardo AgraFoxo. Remato de ler as 650 páxinas desta espléndida novela o 20 de outubro deste 2016, é dicir, cinco anos despois do anuncio do cese definitivo de ETA. Atrás quedaron o 829 asasinatos desta organización terrorista, o 90 % cometidos durante o período democrático, sen que conseguise ningún dos seus obxectivos: nin o dereito de autodeterminación nin a unión de Navarra a Euskadi. Atrás quedaron tamén os crimes do GAL. Patria (2016) conta a historia de Euskadi durante os últimos corenta anos. Fernando Aramburu (San Sebastián, 1959), autor tamén sobre o mesmo tema de Los peces de la amargura (2006) e Años lentos (2012),  retrata unha sociedade violenta e unha época tormentosa Seguir lendo Patria, de Fernando Aramburu