Xerardo AgraFoxo. Esta aposta cinematográfica do director israelí Nadav Lapid (Tel Aviv, 1975) semella nun principio un tanto rara, incómoda e talvez incomprensible. Os dous protagonistas desta desacougante historia son unha mestra, Nira, e o seu alumno de cinco anos, Yoav. Os dous son seres inadaptados no seu entorno: Ela ten unha parella coa que está máis por costume que por outra cousa e ten uns fillos aos que apenas ve; o pequeno é, a efectos prácticos, un orfo que ve como seu pai non lle fai caso, pendente como está dos seus negocios e que lle conta que súa nai morreu cando o certo e que se divorciou del e marchou a Estados Unidos. Seguir lendo A mestra de párvulos, de Nadav Lapid
Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo
O fillo do outro, de Lorraine Levy
Xerardo AgraFoxo. Esta película trata un tema recorrente tanto non mundo do cine como no da literatura. Unha historia que semella a mesma que a narrada na película de Hirokazu Koreeda, De tal pai tal fillo, cando dous cativos xaponeses descobren que ao nacer foron intercambiados nun hospital por culpa dunha enfermeira anoxada. Nesta película francesa a acción trasládase ata Israel e Cisxordania: os afectados son un xudeu e un palestino. Cando o primeiro, Joseph, se prepara para entrar no exército israelí, descobre que non é fillo biolóxico de seus pais porque ao nacer, no medio da guerra que asola o peirao de Haifa, foi intercambiado accidentalmente por Yacine, o naipelo dunha familia palestina que vive humilde-mente nos territorios ocupados. Seguir lendo O fillo do outro, de Lorraine Levy
O cuarto dos nenos, de Valentine Goby
Xerardo AgraFoxo. Outro libro máis sobre o xenocidio nazi? Non está escrito todo sobre este asunto? Talvez non, porque neste caso, a escritora francesa Valentine Gaby (Grasse, 1974) conta un episodio baseado nos nenos que naceron nos campos de concentración que se ergueron durante a Segunda Guerra Mundial. Esta novela sitúase en Ravensbrük, onde foron internadas 40.000 mulleres de varias nacionalidades e relixións. Ata aquí é deportada Mila, unha moza militante da Resistencia francesa, tras ser detida pola Gestapo durante unha acción clandestina. Seguir lendo O cuarto dos nenos, de Valentine Goby
O camiño á casa, de Zhang Yimou
Xerardo AgraFoxo. Esta espléndida e lírica obra de arte (Oso de Prata do Festival de Berlín e Premio do Público do Festival de Sundance) conta unha historia sucedida nunha remota aldea chinesa durante os tempos de Mao. Cando Luo Yusheng, un home de negocios, regresa ao seu berce para asistir o enterro do seu pai, atópase cunha nai que desexa respectar as tradicións funerarias do lugar. Ela pretende que o cadáver do seu home sexa traído dende o hospital ata o cemiterio polos veciños onde el foi mestre durante varias décadas. A partir desta proposta, contada en imaxes en branco e negro, Zhan Yimou (1951) narra en cor a vida amorosa dos pais de Luo: dende que ela era unha moza de 18 anos e el chegara á aldea como novo mestre. Seguir lendo O camiño á casa, de Zhang Yimou