Xerardo AgraFoxo. Con este prosaico título, Orhan Pamuk conta a historia de Mevlut Karata, un labrego que abandona aos doce anos a súa aldea de Anatolia para instalarse nun humilde arrabalde de Estambul, onde desenvolverá a súa vida como vendedor ambulante de boza durante os seguintes anos. A novela comeza cunha sorprendente e romántica escena: Mevlut, cativado pola beleza da súa veciña Saminha, secuestra, por equivocación ou engano, a irmá desta, Rayiha, coa que casa días despois para evitar problemas maiores. Seguindo os pasos desta parella, e outras que viven no anonimato que proporciona a cosmopolita cidade otomá, coñecemos os cruentos enfrontamentos entre kurdos, marxistas, laicos e islamistas, rivalidades históricas tan cotiás na Turquía dos últimos decenios. Seguir lendo Unha sensación estraña, de Orhan Pamuk
Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo
As rosas de Stalin, de Monika Zgustova
Xerardo AgraFoxo. A protagonista deste excepcional libro é Svetlana Allilúyeva, unha rapaza que coñeceu o amor á mesma idade que descubriu o horror. Tiña 16 anos cando namorou dun cineasta de orixe xudía que seu pai decidiu enviar ao GULAG. Non era a primeira vez que lle esnaquizaban a vida. Uns anos antes suicidárase súa nai e os seus irmáns morreran ante a indiferenza do home que os trouxera ao mundo. Máis adiante, cando comezou unha relación sentimental cun hindú co que seu pai lle prohibiu casar, decidiu fuxir da Unión Soviética. A India foi o primeiro país que visitou, pero Indira Gandhi negoulle o asilo. Seguir lendo As rosas de Stalin, de Monika Zgustova
O ceo prometido. Unha muller ao servizo de Stalin, de Gregorio Luri
Xerardo AgraFoxo. Esta documentada investigación conta a historia de Caridad del Río, máis coñecida por Caridad Mercader, unha medea moderna que recibiu a Orde de Lenin, foi amiga de Beria, o sinistro capo da Lubianka, dispuxo de coche con chofer en Moscova e traballou na embaixada de Cuba en París. Tamén foi a nai de cinco cativos que se criaron no seo da burguesía catalá ao tempo que ela se convertía no símbolo dunha femme fatale ata que o home a internou nun psiquiátrico de Barcelona, de onde fuxiu cara a Francia, para participar na loita clandestina e despois traballar como espía da Unión Soviética. Seguir lendo O ceo prometido. Unha muller ao servizo de Stalin, de Gregorio Luri
O ruído do tempo, de Julian Barnes
Xerardo AgraFoxo. Esta é a historia dun home que, mentres chora e pide perdón pola súa mala conciencia, dorme vestido. Ten medo a que o deteñan. Quen? Os homes da NKVD, ou os da KGB, ou os da MVD. Así pasou moitas noites da súa existencia. Sempre invadido polo pánico e a desesperación. Esta vida é narrada en tres episodios. O primeiro relata a historia deste compositor dende que o Pravda critica a súa obra mestra –Lady Macbeth do distrito de Mtsensk– dous días despois de que o Gran Líder asistira de incógnito a unha representación no Bolshoi; a segunda conta a viaxe deste músico a Nova York, como membro da delegación do seu país no Congreso Cultural e Científico para a Paz Mundial, e a súa reacción cando le nos medios de comunicación as súas reflexións Seguir lendo O ruído do tempo, de Julian Barnes