Xerardo AgraFoxo. Estamos diante dunha película do modesto cine libanés, de onde nos chegou hai uns anos dúas curiosas obras –Caramel (2007) e E agora a onde imos? (2001)– de Nadine Labaki. O director de Ghadi é un debutante, Amin Dora, pero o protagonista, Georges Khabbaz, tamén autor do guión, é unha celebridade no seu país. O filme, candidato aos Premios Óscar no 2014, garda certas semellanzas con Amelie, de Jean Pierre Jeunet, e Os Xoves Milagre, de Vittorio de Sica. En Ghadi, cóntase a historia de Leba, un profesor de música que vive nun arrabalde dunha cidade costeira. Despois de casar coa súa noiva da infancia, Lara, ten dúas fermosas cativas, Yara e Sarah. Seguir lendo Ghadi, de Amin Dora
Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo
Import/Export, de Ulrich Seidl
Xerardo AgraFoxo. Despois de contemplar con certa sorpresa Amor (2102), Fe (2012) e Esperanza (2013), ver agora esta película do austríaco Ulrich Seidl (Viena, 1952) é mergullarse por cuarta vez nun estilo tan explícito como marcadamente documental. A través de escenas da vida cotiá, este director, gañador do Gran Premio do Xurado de Venecia pola película Días de canícula (2001), recrea cunhas imaxes “hiperrrealistas” e uns movementos de cámara nada convencionais algúns dos problemas máis comúns que lle afectan ao ser humano: a soidade, a crueza da vida, a emigración, a prostitución ou os problemas sentimentais. Seguir lendo Import/Export, de Ulrich Seidl
Lonxe dos homes, de David Oelhofen
Xerardo AgraFoxo. Esta película está baseada nunha colección de relatos de Albert Camus recollidos baixo o título de O exilio e o reino, publicados no ano 1957, meses despois de recibir o Premio Nobel de Literatura. E cunha temática tan camussiana –o home ante o destino e o poder sen sentido moral– que semella que o protagonista está tirado dunha das novelas máis salientables do autor, O home rebelde, ou dalgunha das súas obras dramáticas, como O malentendido. Na Alxeria do ano 1954, no medio dun duro inverno, Daru (Viggo Mortensen), un mestre pied noir, acepta de mala gaña escoltar a Mohamed (Reda Kateb), un labrego acusado de matar un curmán, a través das montañas para que se enfronte a un xuízo ante as autoridades coloniais. Seguir lendo Lonxe dos homes, de David Oelhofen
O encargo do señor Castelao, de Luís Rei Núñez
Xerardo AgraFoxo. Dous recursos literarios iluminan esta curiosa novela. Por unha parte, o autor conta unha historia de “non ficción”, un procedemento que xa empregara en Expediente Artieda (Premio Xerais, 2000), Toda a vida (2005) ou O señor Lugrís e a negra sombra (Premio da Crítica Española, 2007). Por outra, a narración válese dende as primeiras páxinas dun potente macguffin, o suposto encargo que Afonso Daniel Castelao (“un vagabundo dunha causa perdida”) lle realizou en Bos Aires a Gómez Gayoso (“un anxo escuro”) para liquidar (“a posibilidade da revancha sen risco ningún para min… e eu pedín que o liquidasen”) polo menos “a un dos culpables da morte de Bóveda”. Seguir lendo O encargo do señor Castelao, de Luís Rei Núñez