Xerardo AgraFoxo. Catro personaxes configuran os alicerces desta novela: Miguel Sanabria, un oncólogo que sofre a situación política que vive o seu país; Madeleine Butler, unha norteamericana cativada polo carisma dun presidente; Andreína, unha muller que regresa de Miami e ten que loitar cuns inquilinos que se resisten a abandonar o “apartamento 34”; e Fredy Lacuna, un periodista detrás da investigación que resolva os seus graves problemas económicos. Entre os catro, dous nenos, María e Rodrigo, que, na soidade das súas casas, namóranse por Internet e viven outra realidade. E, entre todos eles, como punto de encontro de todas as páxinas desta excelente obra, o secreto mellor gardado do Caribe: a enfermidade que ameaza a vida de Hugo Chávez. Seguir lendo Patria o muerte, de Alberto Barrera Tyszka
Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo
Pride, de Mattew Warchus
Xerardo AgraFoxo. Esta fermosa película, estreada na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes no ano 2014, está baseada nunha historia real: o conflito xurdido no ano 1984 entre a primeira ministra inglesa Margaret Thacher e o Sindicato de Mineiros (NUM) que convocaron unha dura folga, contra as intencións de paralizar a produción de carbón, apoiados polo colectivo Lesbians and Gays Support the Miners. Unha decisión que, malia os receos iniciais dos mineiros dunha pequena vila de Gales por asociarse cun colectivo co que gardaban certas aprehensións, acabou por converterse nunha maneira pacífica de loitar para levar adiante unhas reivindicacións que eles consideraban necesarias para defender a súa dignidade. Seguir lendo Pride, de Mattew Warchus
Peste &Cólera + Ecuatoria + Viva
Xerardo AgraFoxo. Patrick Deville é un recoñecido intelectual, filósofo e viaxeiro francés (Saint-Brevin-Les Pins, 1957) que acaba de publicar tres obras para podermos ler neste verán. Peste & Cólera (Prix des Prix, 2012, Premio Fémina e Premio FNAC), ambientada no ano 1887, cando Francia se prepara para celebrar o centenario da Revolución Francesa, conta a historia de Alexandre Yersin, un médico suízo discípulo de Louis Pasteur que, coma se fose o seu admirado Livingstone, se enrola nunha aventura científica para investigar os estragos que produce en África a tuberculose e a difteria. Ecuatoria (2015) mergúllase nas peripecias do conde franco-italiano Pierre Savorgan de Brazza –fundador da capital congoleña, Brazzaville no ano 1840– Seguir lendo Peste &Cólera + Ecuatoria + Viva
Vargas Llosa vs. Pierre Lemaitre
Xerardo AgraFoxo. Camiño de Madrid no Alvia/Frankenstein levo na mochila dos libros para que a viaxe sexa máis pracenteira. Cinco esquinas, do recoñecido autor peruano, comeza cunha inesperada escena lésbica ente dúas mulleres da alta burguesía limeña en tempos do goberno de Fujimori; despois vira nun argumento onde a chantaxe, a prensa amarela e os sumidoiros do Estado son o pano de fondo dun país mergullado nunha profunda crise política e social. Con estes alicerces, o autor de Pantaleón e as visitadoras ou A casa verde, constrúe unha novela que con certo aire comercial, recendo lúdico e doada redacción semella escrita pola mesma María Dueñas. Seguir lendo Vargas Llosa vs. Pierre Lemaitre