Pride, de Mattew Warchus

pride1Xerardo AgraFoxo. Esta fermosa película, estreada na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes no ano 2014, está baseada nunha historia real: o conflito xurdido no ano 1984 entre a primeira ministra inglesa Margaret Thacher e o Sindicato de Mineiros (NUM) que convocaron unha dura folga, contra as intencións de paralizar a produción de carbón, apoiados polo colectivo Lesbians and Gays Support the Miners. Unha decisión que, malia os receos iniciais dos mineiros dunha pequena vila de Gales por asociarse cun colectivo co que gardaban certas aprehensións, acabou por converterse nunha maneira pacífica de loitar para levar adiante unhas reivindicacións que eles consideraban necesarias para defender a súa dignidade.

A película, candidata a mellor filme nos Globos de Ouro e que obtivo varios premios Bafta como mellor debut dun escritor, director e produtor, é unha obra que, coma Full Monty, respira valentía, emoción e alegría. Pride directed by Mathew WarchusPero tamén conduce a certas reflexións e sentimentos enfrontados. Talvez nestas contradicións se atope o auténtico mérito do filme. Cando na actualidade espertan tantas críticas as terribles persecucións que sofren as comunidades de gays e lesbianas nalgúns países da África Negra, soamente hai que ver como uns anos atrás estes colectivos –lembremos aquí The Imitacion Game, onde Alan Turing, o home que descifrou o código nazi contido na máquina Enigma, foi reprimido violentamente pola súa conduta sexual– tamén eran reprimidos en países –aparentemente– tan avanzados e progresistas coma o Reino Unido.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *