Patria o muerte, de Alberto Barrera Tyszka

Patria-o-MuerteXerardo AgraFoxo. Catro personaxes configuran os alicerces desta novela: Miguel Sanabria, un oncólogo que sofre a situación política que vive o seu país; Madeleine Butler, unha norteamericana cativada polo carisma dun presidente; Andreína, unha muller que regresa de Miami e ten que loitar cuns inquilinos que se resisten a abandonar o “apartamento 34”; e Fredy Lacuna, un periodista detrás da investigación que resolva os seus graves problemas económicos. Entre os catro, dous nenos, María e Rodrigo, que, na soidade das súas casas, namóranse por Internet e viven outra realidade. E, entre todos eles, como punto de encontro de todas as páxinas desta excelente obra, o secreto mellor gardado do Caribe: a enfermidade que ameaza a vida de Hugo Chávez.

A través destes seres sen esperanza, coñecemos as contradicións dunha nación que vive nunha encrucillada, pero sen que o autor realice referencias políticas explícitas.patria o muerte2Non ofrece máis datos sobre o país que os observados no comportamento duns cidadáns que se atopan enclaustrados nunha urbe que o lector só coñece a través do que se alenta nas súas vivendas. Unha especie de “territorio comanche”, onde o medo e o desconcerto son os seus sinais de identidade máis recoñecidos. E unha nación –Venezuela– que o novelista retrata cunha lingua tan espida e unha sintaxe tan puída que semella que apreciamos en cada parágrafo os latexos entrecortados dos seus habitantes.

Patria o muerte gañou o XI Premio Tusquets de Novela 2015 e está como finalista –xunto con Irene, de Pierre Lemetre, e Judas, de Amos Oz– no galardón que concede cada ano o instituto Rosalía de Castro de Santiago.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *