Peste &Cólera + Ecuatoria + Viva

Maquetación 1Xerardo AgraFoxo. Patrick Deville é un recoñecido intelectual, filósofo e viaxeiro francés (Saint-Brevin-Les Pins, 1957) que acaba de publicar tres obras para podermos ler neste verán. Peste & Cólera (Prix des Prix, 2012, Premio Fémina e Premio FNAC), ambientada no ano 1887, cando Francia se prepara para celebrar o centenario da Revolución Francesa,  conta  a historia de Alexandre Yersin, un médico suízo discípulo de Louis Pasteur que, coma se fose o seu admirado Livingstone, se enrola nunha aventura científica para investigar os estragos que produce en África a tuberculose e a difteria. Ecuatoria (2015) mergúllase nas peripecias do conde franco-italiano Pierre Savorgan de Brazza –fundador da capital congoleña, Brazzaville no ano 1840–  e nas primeiras e sombrías expedicións dos colonizadores europeos na África Ecuatorial, por onde circulan personaxes tan contrapostos coma o conradiano coronel Kurtz, Stanley,  o médico Albert Schweitzer ou o mesmo Ernesto Che Guevara. Maquetación 1Viva (2016) xira ao redor de León Trotski e a súa muller Natalia Ivanova cando desembarcan no petroleiro noruegués Ruth no peirao de Tampico (México) no ano 1937, para fuxir de Josef Stalin e encontrarse con Frida Kahlo e Diego Rivera no mesmo territorio onde malvivían Graham Greene, Malcolm Lowry , a fotógrafa Tina Modotti, ou  B. Traven, autor d´O tesouro de Serra Madre, personaxes todos eles na procura dun soño, dun ideal.

Como dicía, tres lecturas moi recomendables para este verán 2016. Viaxes, emocións encontradas e aventuras. E, sobre todo, literatura. Moita literatura!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *