Darwin. A biografía gráfica

darwin-la-biografia-graficaAgustín Agra. Cando Charles Darwin descubriu a flor da Angraecum sesquipedale, unha orquídea provista dun esporón de vinte e cinco centímetros de lonxitude –maior que unha cuarta humana coa palma da man o máis aberta posible–, deduciu que, para poder acadar o néctar contido no seu interior, tiña que existir un insecto cunha probóscide de cando menos ese tamaño. Mais a avelaíña prognosticada por Darwin, a Xantopan praedicta, non apareceu ata moitos anos despois do pasamento do excepcional naturalista inglés…

darwin__s_orchid___angraecum_sesquipedale_by_isijeh-d4hfrzaDarwin, malia ao que se afirma unha e outra vez, non postulou a Teoría da evolución senón, e ao tempo que Alfred Rusell Wallace, a Teoría da selección natural coa que efectivamente puido explicar os cambios que se producían nas especies, referendándoa ademais cunha inxente cantidade de probas. Dese xeito, o 24 de novembro de 1859, coa publicación de On the Origin of the species, marca un antes e un despois na historia da bioloxía: a evolución, que non era máis ca unha especulación, convértese en evidencia.

  awhdmxtmqxgy6b3enlfb Nunca ocultei a miña débeda cara a O vello Carlos, da que deixei constancia nun Acaso de abril do 2009; así como dei conta noutro Café anterior da obra Viaxe dun naturalista arredor do mundo, crónica da expedición a bordo do HMS Beagle ao longo de cinco anos que durou a travesía. Non podo xa que logo deixar de recomendar a obra Darwin, a biografía gráfica, de Eugene Byrne e Simon Gurr, publicada por Norma editorial, que comeza dun xeito tan engaiolante como o descrito no primeiro parágrafo. Nas súas páxinas, didácticas e amenas, introdúcenos os autores nas peripecias vitais e na obra do home que rompeu paradigmas e fixo que a nosa visión do mundo fose diferente.

Un comentario en “Darwin. A biografía gráfica

  1. Veño de comprobar que pra min “letreiro irredento” unha de Ciencias pola mañán…. sentóume de marabilla. Grazas, Maese Agra!!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *