Xerardo AgraFoxo. Existe moita bibliografía sobre a Guerra Civil. Basicamente, trátase de libros sobre figuras políticas ou episodios bélicos. Pero son menos frecuentes as publicacións onde as mulleres son protagonistas daquel drama histórico. Este libro de Montse Fajardo (Vilagarcía, 1973) semella unha excelente oportunidade para cubrir este baleiro documental. Nestas dezaseis estarrecedoras historias, varias mulleres contan as súas vivencias a partir do golpe militar de 1936. Grazas á paixón desta xornalista, sabemos da vida dunhas mulleres que coñeceron a fame e o frío, o terror do fascismo e o sentimento da derrota. Tamén vemos como elas afrontaron con dignidade a súa dor e sufrimento. Seguir lendo Un fito histórico na produción bibliográfica do 36
Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo
A orixe do Portus Apostoli en Noia

Xerardo AgraFoxo. Noia aparece nos escritos dos historiadores latinos como unha poboación da Gallaecia situada na desembocadura do Tambre. Caio Plinio, O Vello, fala dun oppidum cos tres nomes diferentes: Noela, Noeta e Noega. Claudio Ptolomeo refírese a Noia na súa obra Xeografía e o Itinerario de Antonino sitúa o oppidum Noega na Vía Per Loca Marítima. Seguir lendo A orixe do Portus Apostoli en Noia
Wajma, de Barmak Akram
Xerardo AgraFoxo. A acción desta fermosa película transcorre en Kabul, onde vive Wajma (Wajma Bahar) no seo dunha familia humilde. Cando un día Wajma coñece a Mustafa, un atractivo camareiro, decide deixar atrás os vellos convencionalismos familiares e entrégase ao amor. Todo descorre con harmonía e lentitude para os dous mozos ata que queda embarazada. Entón apareceran reflectidas con verismo e crueza a conduta das persoas que a arrodean: a do noivo, un covarde que non asume o problema e mesmo a acusa de deitarse con outros; Seguir lendo Wajma, de Barmak Akram
As irmás Romanov, de Helen Rappaport
Xerardo AgraFoxo. Baixabamos pola Avenida Nevski –de San Petersburgo– cando nos cruzamos cun fato de popes vestidos coas súas aparatosas casulas e portando uns enormes pendóns. Uns intres máis tarde celebraban detrás da igrexa do Sangue Derramado unha misa ao ar libre. A que se debía aquel acto litúrxico? Cal era motivo de tan afervoados cánticos? Era o 17 de xullo do ano 2008, o 90 aniversario do asasinato da familia do tsar en Ekaterimburgo. Nicolás II, a súa dona Alexandra Romanova, as catro fillas (Olga, Tatiana, María e Anastasia) e o zarevich Alexey, foron pasados polas armas xunto co doutor Botkin, a asistenta Demídova, o cociñeiro Kharitonov e o mordomo Trupp. O lugar da traxedia foi a Casa Ipatiev. Seguir lendo As irmás Romanov, de Helen Rappaport