Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo

Un cesto de mazás, de Montse Fajardo

cestoXerardo AgraFoxo. Hai uns anos un amigo pediume axuda porque quería escribir un libro onde se palpara o horror. Nese intre viñéronme á cabeza algúns dos autores clásicos do xénero, como Allan Poe, Lovecraft, Thomas Harris ou Ray Bradbury. Seguro que nalgúns contos destes escritores atoparía algo interesante. Pero desbotei a idea porque me lembrei dunha obra que lera por entón: GULAG,  de Anne Applebaum. Nela cóntase polo miúdo como o Partido Comunista da Unión Soviética creou os campos de traballos forzados para illar os elementos disidentes e conseguir, asemade, unha masa de homes e mulleres que foron recluídos como escravos para levar adiante proxectos de envergadura como a canle do Mar Branco ou a explotación das minas de Kolimá. Seguir lendo Un cesto de mazás, de Montse Fajardo

Xudas, de Amos Oz

amos oz 1Xerardo AgraFoxo. Shmuel Ash, un mozo abandonado pola súa noiva, Yardena, e obrigado a deixar os estudos universitarios tras a ruína dos pais, acepta, a cambio dun cuarto e tres xantares, conversar cinco horas diarias cun vello erudito, Gershom Wald, que vive recluído –nunha casa da Cidade Vella de Xerusalén– coa soa compañía de Atalia, unha atractiva e enigmática muller que, dende o primeiro encontro, lle advirte dos perigos que espreitan o seu traballo na calella de Rabbi Elbaz. Entre estes tres personaxes aparecen –naquel inverno de 1959– dúas pantasmas: Shalatiel Abravanel, pai de Atalia, un político que denunciou a creación do Estado de Israel Seguir lendo Xudas, de Amos Oz

El Rey de La Habana, de Pedro Juan Gutiérrez

el reyXerardo AgraFoxo. Reynaldo, un mozo de Centro Habana, contempla un día dende a súa azotea unha escena que lle marcará o seu destino: a morte accidental de súa nai e o suicidio de seu irmán Nelson, que se lanza contra a rúa e rebenta o cranio catro andares abaixo. Con trece anos, quedou sen fala. E, sen saber reaccionar, a policía levouno nun furgón, meteuno nunha cela, interrogouno durante tres días –“¿Por que los mataste?”– e recluírono nun correccional, de onde conseguirá fuxir,  amargado e receoso, tres anos máis tarde. Entón comeza a súa vida polos labirintos da capital, onde ofrece como tarxeta de visita a súa pinga de vinte e tres centímetros. Será un pícaro  –Rey– acosado pola fame e a policía. Seguir lendo El Rey de La Habana, de Pedro Juan Gutiérrez

A deusa das pequenas vitorias, de Yannick Grannec

la diosaXerardo AgraFoxo. Esta é a historia de Anna Roth, unha documentalista da Universidade de Princeton, que intenta recuperar os arquivos de Kürt Gödel, un matemático austríaco afectado por graves problemas psicolóxicos. Para tal cometido, precisa gañar a confianza da súa viúva, Adele Nimbusky, unha anciá, lúcida e amargada, que vive recluída nun centro para a terceira idade. Ela resístese a entregar o Nachlass –nove metros cúbicos de papel– que teñen un gran valor científico. A deusa das pequenas vitorias (2015) cóntase a partir de dous planos. Nos capítulos impares, unha voz omnisciente revela os encontros das dúas mulleres nunha residencia de anciás de Doylestown. Seguir lendo A deusa das pequenas vitorias, de Yannick Grannec