Xerardo AgraFoxo. Un país ocupado por un exército estranxeiro (“Os soldados inimigos cargaron o trigo bo nos seus camións e levárono. E despois levaron os cabalos… e os homes e, selectivamente, as mulleres”). Un neno (“debes esforzarte por recordar”) que contempla cos seus ollos a arrepiante situación. Unha avoa que coida del ante a incomprensible desaparición dos seus pais, talvez detidos no Promontorio. Unha fábula sobre unha árbore misteriosa (“cada unha das súas follas canta coma unha voz”). Os “combatentes da montaña”, que loitan dende os outeiros e “pasan tanta fame como nós, pero non teñen que dobrar o pescozo”. Un médico desleixado que atende os pacientes dende o seu leito. Seguir lendo Cando a árbore canta, de Stratis Haviaras
Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo
A noiva de Pessoa
Xerardo AgraFoxo. Segundo conta Luís Morales, no seu libro Un amor como éste (2015), no mes de outubro do ano 1919 o poeta Fernando Pessoa coñeceu a Ofélia Queiroz nunha oficina da Baixa lisboeta onde ela entrara a traballar como mecanógrafa e el –despois de regresar de Durban, onde vivira dez anos polo matrimonio de súa nai co cónsul Joao Miguel Rosa–, xa exercía como tradutor de correspondencia comercial. Uns meses despois daquel casual encontro, movido por un estraño arrouto, abalanzouse sobre ela e bicouna coma nunca o fixera con outra muller: … y sin mediar palabra la besó en la boca apasionadamente. Seguir lendo A noiva de Pessoa
E ti non regresaches, de Marceline Loridan-Ives
Xerardo AgraFoxo. Marceline uniuse á resistencia cando era una nena. Capturada pola Xestapo, xunto ao seu pai, foron deportados a Auschwitz-Birkenau, onde el morreu e ela, despois de pasar por Bergen-Belsen e Theresienstadt, sufriu a peor das súas experiencias. Esta pequena novela –apenas 80 páxinas– é unha carta ao pai para contarlle todo o que perdeu por “desaparecer” naquel inferno. E como fío condutor deste excepcional libro, a frase que lle di el cando os levan nun tren: “Ti poderás regresar, porque es unha moza, pero eu non volverei”. A obra tamén é unha amarga reflexión sobre esta época. Marceline regresa a París, pero súa nai non a vai recibir. Seguir lendo E ti non regresaches, de Marceline Loridan-Ives
O lector do tren das 6.27, de Jean-Paul Didierlaurent
Xerardo AgraFoxo. O protagonista desta novela é un apaixonado lector: Guibrando Viñol, un mozo atormentado pola súa infancia e condicionado pola súa timidez, que realiza un traballo rutineiro que o horroriza: destruír cunha potente máquina –“La Cosa, maciza e ameazante”– os libros que ninguén quere ler. Polas súas mans pasan os clásicos máis recoñecidos, pero tamén moitos textos que nunca serán lidos, algúns dos cales el rescata desta “carnicería” para lelos en voz alta no tren das 6.27. Unha decisión que esperta a ledicia dos madrugadores viaxeiros e admiración de dúas anciás –as irmás Delacôte– que o levan ata un club de lectura. Seguir lendo O lector do tren das 6.27, de Jean-Paul Didierlaurent