Cando a árbore canta, de Stratis Haviaras

cuando el arbolXerardo AgraFoxo. Un país ocupado por un exército estranxeiro (“Os soldados inimigos cargaron o trigo bo nos seus camións e levárono. E despois  levaron os cabalos… e os homes e, selectivamente, as mulleres”). Un neno (“debes esforzarte por recordar”) que contempla cos seus ollos a arrepiante situación. Unha avoa que coida del ante a incomprensible desaparición dos seus pais, talvez detidos no Promontorio. Unha fábula sobre unha árbore misteriosa (“cada unha das súas follas canta coma unha voz”). Os “combatentes da montaña”, que loitan dende os outeiros e “pasan tanta fame como nós, pero non teñen que dobrar o pescozo”. Un médico desleixado que atende os pacientes dende o seu leito. O Comandante “que derruba as casas como medida de represalia”, o capitán Perseo (“líder da resistencia”), o titiriteiro Pholx, Andromaca, o tío Spanos  (“que fora mariñeiro antes de que o inimigo trouxera naves de formigón e minara a baía”), a Tía Liberdade (“símbolo do desafío e o sacrificio”) e os “informantes”, ademais das forzas de seguridade, os postos de control… e o abraiante desenlace final da guerra, deseñada polos aliados.

stratisEstes son os “personaxes” principais de Cando a árbore canta (Siruela, 2002), a singular obra de Stratis Haviaras (Nea Kios, 1935), que traballou durante vinte e seis anos na Biblioteca da Universidade de Harvard. Nela reflicte, a través dun mosaico de escenas, a vida dun neno grego que, durante a ocupación nazi, relata as súas andainas e as da súa aldea a través dunhas experiencias que semella sufriu o autor durante a súa mocidade.

 Sen dúbida, unha excelente descuberta literaria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *