E ti non regresaches, de Marceline Loridan-Ives

Y tu no regresaste_129X205Xerardo AgraFoxo. Marceline uniuse á resistencia cando era una nena. Capturada pola Xestapo, xunto ao seu pai, foron deportados a Auschwitz-Birkenau, onde el morreu e ela, despois de pasar por Bergen-Belsen e Theresienstadt, sufriu a peor das súas experiencias. Esta pequena novela –apenas 80 páxinas– é unha carta ao pai para contarlle todo o que perdeu por “desaparecer” naquel inferno. E como fío condutor deste excepcional libro, a frase que lle di el cando os levan nun tren: “Ti poderás regresar, porque es unha moza, pero eu non volverei”. A obra tamén é unha amarga reflexión sobre esta época. Marceline regresa a París, pero súa nai non a vai recibir. Aténdena no Hotel Lutetia, pero non pode durmir nunha cama, só o pode facer no chan. Séntese incómoda na nova existencia e non sabe “se fixemos ben en regresar do campo”. Abraza os sentimentos máis nobres, pero a causa comunista derrúbase (“vítima dun soño que saíra mal”).marceline_loridan-ivens Atópase coma unha estraña na súa terra, porque sempre se refiren a “eles” como “os xudeus de Francia”. Tampouco entende o que sucede en Israel, “en guerra dende a creación”. Unha frase resume a intención desta  misiva dirixida ao pai: “Quérote tanto que estou contenta de ser deportada contigo”.

Despois de ler este extraordinario documento, demóstrase que non está todo esgotado con Primo Levi ou Imre Kertész. Un relato sobre as ansias de vivir, o testemuño dunha muller que resistiu o holocausto coa cabeza erguida.

Durísima e conmovedora.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *