A noiva de Pessoa

Un-amor-como-esteXerardo AgraFoxo. Segundo conta Luís Morales, no seu libro Un amor como éste (2015), no mes de outubro do ano 1919 o poeta Fernando Pessoa coñeceu a Ofélia Queiroz nunha oficina da Baixa lisboeta onde ela entrara a traballar como mecanógrafa e el –despois de regresar de Durban, onde vivira dez anos polo matrimonio de súa nai co cónsul Joao Miguel Rosa–, xa exercía como tradutor de correspondencia comercial. Uns meses despois daquel casual encontro, movido por un estraño arrouto, abalanzouse sobre ela e bicouna coma nunca o fixera con outra muller: … y sin mediar palabra la besó en la boca apasionadamente. Era a noite do 24 de xaneiro de 1920 e aquela escena, tan fugaz como desacougante, quedou gravada para sempre na súa memoria. Ela tiña dezanove anos, el cumprira trinta e dous.

Esta novela é a reconstrución literaria daquel romance entre Pessoa, un home consumido polo tabaco e o alcol, e Ofélia, unha rapaza de ojos escuros y labios carnosos. Luis-Morales-1_thumb_700Un atormentado idilio –que se estendeu entre xaneiro e setembro de 1920 e nove anos despois, entre setembro e decembro– contado a partir das 48 cartas que se publicaran del no ano 1978 e preto de 300 de Ofélia, recompiladas todas no 2013, doce anos despois da súa morte aos noventa e un anos. Un amor como éste conta esta relación íntima, un nobelo ateigado de tropezos sentimentais e episodios, ás veces ridículos, que serven para retratar, a través do seu único amor coñecido, a vida do autor do Libro do desasosego.

Unha obra imprescindible para os amantes de Pessoa, os lectores de relatos maupassantianos e os admiradores de Lisboa, convertida aquí no vértice dun triángulo amoroso.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *