Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo

Vida de familia, de Akhil Sharma

Maquetación 1Xerardo AgraFoxo. Entre os autores da literatura india que chegaron ás letras hispanas destacan con voz propia: Salman Rusdhie (Fillos da medianoite), Arundhaty Roy (O deus das pequenas cousas), Amitav Ghosh (O palacio de cristal), Vikram Seth (Un bo partido), Jhumpa Lahiri (Terra desacostumada), Anita Desai (O legado da perda) e Sarita Mandanna (Os outeiros do tigre). Ultimamente, grazas ás recomendacións do New York Times, publicouse aquí a novela Vida de familia, obra de Akhil Sharma, un autor de Nova Delhi (1971) que emigrou a Estados Unidos e que acaba de gañar o Premio Folio, un dos máis importantes da literatura inglesa. Seguir lendo Vida de familia, de Akhil Sharma

Un amor furtivo

assiaXerardo AgraFoxo. O domingo 23 de marzo de 1969, contra o solpor, despois de consumir alcohol e barbitúricos, unha muller de 41 anos abriu as chaves do gas da cociña da súa casa, deitouse no chan –sobre unhas mantas– abrazada á súa pequena filla, Shura,  e as dúas morreron por intoxicación de monóxido de carbono. Seis anos antes, en febreiro de 1963, no 23 de Fitzroy Road, unha poeta americana suicidouse do mesmo xeito, tiña 30 anos, pero deixou  a salvo os dous fillos: Frieda e Nicholas. A primeira muller chamábase Assia Wevill. A segunda, Sylvia Plath. Detrás, un home: Ted Hughes, un sedutor compulsivo. Seguir lendo Un amor furtivo

O que dixo Harriet, de Beryl Bainbridge

harrietXerardo AgraFoxo. No ano 1954, dúas mozas neocelandesas, Pauline Parker e Juliet Hulme, viven unha intensa relación amorosa. Cando os pais saben desta amizade homosexual, considerada naquela época como unha enfermidade mental, deciden que as rapazas deben separarse aínda que lles permiten pasar dúas semanas xuntas. Despois  enviarán a Juliet a Sudáfrica. Incapaces de soportar este castigo, elas planean asasinar a Honora, a nai de Pauline, a quen consideran a principal causante dos seus problemas. Entón colocan un ladrillo nunha media e golpéana nun parque ata esmagárenlle a cabeza. As dúas foron xulgadas, declaradas culpables e condenadas a prisión. Seguir lendo O que dixo Harriet, de Beryl Bainbridge

El amigo del desierto, de Pablo d´Ors

amigodesiertoXerardo AgraFoxo. “Grazas á contraportada dun libro souben que residía en Brno un home que dedicara boa parte da súa vida a viaxar por moitos desertos do planeta”. Así comeza esta novela curta, onde Pavel, un cidadán checo cunha longa traxectoria académica, contacta cunha curiosa asociación chamada “Amigos do Deserto” para cumprir a súa teima de perderse por terras ermas. E consegue viaxar ao Sáhara marroquí, onde sofre unha profunda decepción porque se atopa “cun país sucio, hostil e con xentes pouco hospitalarias”. Volve abatido ao seu apartamento de Kromériz, pero engaiolado polas imaxes que tirou na súa aventura africana; sente nostalxia polos espazos baldeiros e decide facer outra viaxe. Seguir lendo El amigo del desierto, de Pablo d´Ors