O que dixo Harriet, de Beryl Bainbridge

harrietXerardo AgraFoxo. No ano 1954, dúas mozas neocelandesas, Pauline Parker e Juliet Hulme, viven unha intensa relación amorosa. Cando os pais saben desta amizade homosexual, considerada naquela época como unha enfermidade mental, deciden que as rapazas deben separarse aínda que lles permiten pasar dúas semanas xuntas. Despois  enviarán a Juliet a Sudáfrica. Incapaces de soportar este castigo, elas planean asasinar a Honora, a nai de Pauline, a quen consideran a principal causante dos seus problemas. Entón colocan un ladrillo nunha media e golpéana nun parque ata esmagárenlle a cabeza. As dúas foron xulgadas, declaradas culpables e condenadas a prisión. E foron postas en liberdade coa condición de que nunca se volvesen ver.

Corenta anos despois, no 1994, Peter Jackson (O señor dos aneis) rodou a película Criaturas celestiais, que gañou o León de Prata do Festival de Venecia. O papel de Pauline Parker interpretouno Melanie Lynkey e o de Juliet Hulme unha descoñecida Kate Winslet. O filme, un desacougante relato sobre as sombras máis escuras da adolescencia, conmocionou a sociedade británica. harriet2Sobre todo cando souberon que Juliet Hume era a súa veciña, pois mudárase a Escocia e cambiara o nome para converterse anos despois en Anne Perry, a recoñecida escritora do xénero negro.

 O selo editorial Impedimenta publica agora O que dixo Harriet  (2015), de Beryl Bainbridge (Liverpool, 1932-Londres, 2010). A novela –escrita en 1967, pero que non viu a luz ata 1972, porque os editores a consideraban inmoral–, é unha calculada radiografía daquel tráxico acontecemento, onde a inocencia e maldade das dúas mozas rivalizan cunha sociedade vitoriana, hipócrita e represiva.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *