Vida de familia, de Akhil Sharma

Maquetación 1Xerardo AgraFoxo. Entre os autores da literatura india que chegaron ás letras hispanas destacan con voz propia: Salman Rusdhie (Fillos da medianoite), Arundhaty Roy (O deus das pequenas cousas), Amitav Ghosh (O palacio de cristal), Vikram Seth (Un bo partido), Jhumpa Lahiri (Terra desacostumada), Anita Desai (O legado da perda) e Sarita Mandanna (Os outeiros do tigre). Ultimamente, grazas ás recomendacións do New York Times, publicouse aquí a novela Vida de familia, obra de Akhil Sharma, un autor de Nova Delhi (1971) que emigrou a Estados Unidos e que acaba de gañar o Premio Folio, un dos máis importantes da literatura inglesa.

Coma o autor da novela, o seu protagonista, Ajay Mishra, ten oito anos cando deixa Delhi e emigra a Estados Unidos –a finais dos setenta– para estabelecerse coa súa familia no distrito de Queens (Nova York), onde convive cun pai alcohólico, unha nai que soporta un traballo de baixa cualificación laboral e un irmán (Birju) que sufre as consecuencias dun traumático accidente nunha piscina. Akhil Sharma takes photo breakO choque cultural no paraíso do consumo –como sucede nas obras de Jhumpa Lahiri– é unha experiencia que semella amarga e desacougante para esta familia india. Pero Ajay, grazas ao refuxio que lle proporciona a literatura, conseguirá entender a adversa realidade e sobrevivir á experiencia americana.

O Babelia (18.07.15) dedicoulle páxina e media do seu contido cultural. E cualificou a obra coma “un drama entrañable”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *