Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo

Conducta, de Ernesto Daranas

conducta1Xerardo AgraFoxo. Despois dos éxitos cinematográficos de Fresa y Chocolate (1994) e de Guantanamera (1995), as dúas películas dirixidas por Tomás Gutiérrez Alea e Juan Carlos Tabío, e que tantos problemas lles ocasionou a algúns dirixentes da nomenclatura cubana por culpa das acerbas críticas que recibiron do seu Líder Máximo, chega agora ás nosas pantallas Conducta, de Ernesto Daranas, un filme “multipremiado” e unha obra que vai polo mesmo camiño que as dúas anteriores coas que conserva semellanzas no que se refire ao tratamento de certos temas incómodos dentro da sociedade cubana. Seguir lendo Conducta, de Ernesto Daranas

Timbuktú, de Abderrahmane Sissakko

timbutu1Xerardo AgraFoxo. Esta película mauritana, baseada en feitos reais, conta a historia duns personaxes reprimidos por extremistas relixiosos na cidade de Tombouctú. O protagonista, Kidane, vive coa súa muller, Satima, e a súa filla Toya, nunha haima cinguida por un mar de dunas e a carón dun río que alimenta o seu gando, coidado por un neno chamado Issam. Pero este ambiente de paz e acougo é esnaquizado pola presenza dun grupo de yihadistas que intentan impoñer a sharía pola forza das armas. Non só prohiben o fútbol e a música, tamén rir e fumar. Cada día o seu terror é máis evidente: as mulleres perden a súa dignidade e os homes vense acosados polos tribunais islámicos. Seguir lendo Timbuktú, de Abderrahmane Sissakko

Charlotte

charlote1Xerardo AgraFoxo. Este libro conta a tráxica vida de Charlotte Salomon, unha pintora berlinesa de orixe xudía que faleceu en Auschwitz canto tiña 26 anos e estaba embarazada. Unha historia como tantas outras sucedidas durante a II Guerra Mundial, pero que neste caso conta cun par de alicientes salientables. O primeiro é como Foenkinos nos tece a peripecia vital desta pintora a base de frases curtas, coma se escribise versos libres, que lle obriga ao lector a concentrarse nunha escrita onde só vale o estritamente necesario, sen ningún alarde literario que puidese ocultar o drama de Charlotte. Seguir lendo Charlotte

A locomotora china

locomotora1Xerardo AgraFoxo. As plataformas están ateigadas. Todos pretenden achegarse á capital. A funcionaria da estación amosa unha actitude noxenta. “Bienvenidos a nuestra Estación”, reza o cartel que preside a porta da entrada. Ninguén se atreve a protestar polas ofensas recibidas. Os viaxeiros pertencen ás capas máis desfavorecidas da sociedade. O tren é a maneira máis lenta, pero máis económica para viaxar. Seguir lendo A locomotora china