Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo

La playita

la playita 1Xerardo AgraFoxo. Talvez sexa un dos lugares máis fermosos da costa. Unha baía de augas mansas, protexida por unha foresta de palmas reais. E un parque natural, convertido nun paraíso para camiñantes detrás de orquídeas e flores fantásticas. Na cativa enseada ancoraron as carabelas que viñan doutros mundos. O xardín botánico descubriuno un sabio alemán perdido por estas terras. Seguir lendo La playita

Camións

camions1Xerardo AgraFoxo. Cando chegas a un lugar, debes prever cal será o teu próximo destino. Entón procura localizar a seguinte terminal. E aparecer alí ao día seguinte, ás primeiras horas da mañá, cando o abrente rebenta e as rúas comezan a ateigarse de motos e carretas de cabalos. Se tes sorte, talvez consigas unha cadeira ferruxenta. Se as indicacións non foron axeitadas, deberás dirixirte nun bicitaxi a outro arrabalde da cidade. Seguir lendo Camións

O espertar, de Kate Chopin

o espertarXerardo AgraFoxo. Esta pequena novela publicada no ano 2002 por Toxosoutos –cunha tradución de Olga Patiño– converteuse no seu día nun dos referentes da moderna literatura norteamericana. Malia que Kate Chopin (1850-1904) foi comparada con Ernest Hemingway, Scott Fitzgerald, Edith Wharton ou William Faulkner, recibiu duras críticas polas drásticas opinións que se verten nas súas páxinas sobre o desexo sexual dunha muller casada, unha especie de Ana Ozores, Madame Bovary ou Anna Karenina que se enfronta cos convencionalismos dunha época marcada por uns comportamentos morais represivos. Seguir lendo O espertar, de Kate Chopin

Nas Trevas Exteriores, de Cormac McCarthy

trevas1Xerardo AgraFoxo. Os irmáns Rinthy e Culla Holme, que viven no “seo das trevas silenciosas”, enfróntanse a unha experiencia arrepiante. Ela, unha moza de tan só dezanove anos, está embarazada de Culla. El, despois de abandonar nunha fraga o fillo que acaba de nacer, dille que o neno morreu. “Só quería saber ondé que foi que tu puseste?”, pregunta ela. “Na terra”, contesta el. Cando Rhinty descobre a mentira –e cre que a “criaturinha” foi levada por un “bufarinheiro– intenta recuperalo. Entón Culla procura dar coas pegadas da súa irmá. Ao principio de cada capítulo aparecen uns misteriosos homes –“como fantasmas que ressurgem nas terras desvastadas pelas fevres”– e paseniño se coñecerá o secreto que agochan os dous irmáns que están abocados a padecer un tráxico destino. Seguir lendo Nas Trevas Exteriores, de Cormac McCarthy