Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo

Escribir na multitude, de Martín Veiga

martin veigaXerardo AgraFoxo. Martín Veiga (Noia, 1970) é un profesor do departamento de Estudos Hispánicos, Portugueses e Latinoamericanos da University College Cork. Como poeta publicou as obras Tempo van de porcelana (1990), As últimas ruínas ( (1994), Ollos de ámbar (2005) e Fundaxes ( 2006). Escribir na multitude (2014) ten a súa orixe na investigación que desenvolveu  o autor en Cork –onde dirixe o Centro Irlandés de Estudos Galegos –para escribir a súa tese de doutoramento sobre Avilés de Taramancos. Seguir lendo Escribir na multitude, de Martín Veiga

Boyhood, de Richard Linklater

boyhood_29845Xerardo AgraFoxo. Cada ano, durante máis dunha década, este director de Houston (1960), reuniu o mesmo reparto para dar vida a unha familia da clase media norteamericana. En tres horas de película condensa 39 días de rodaxe, entre 2002 e 2013, onde coñecemos as medras dun cativo dende os catro anos ata os dezaoito, cando entra na universidade. Neste curioso experimento cinematográfico concíbese unha trama –ás veces, enervante; outras, cómica–  que ten como principal protagonista a Manson (Ellar Coltrane), os seus pais que están separados, Ethan Hawke (músico frustrado, irresponsable e entrañable) e Patricia Arquette (dura e forte, algo neurótica e doada de manipular), e a irmá do rapaz, Loreli  (moi ben interpretada pola filla do realizador). Seguir lendo Boyhood, de Richard Linklater

Pericle o negro, de Giuseppe Ferrandino

pericleXerardo AgraFoxo. Giuseppe Ferrandino era un escritor, nado en  Ischia no ano 1958, só coñecido no mundo do comic. A súa primeira novela, Pericle o negro, pasou desapercibida para a crítica italiana especializada cando apareceu no 1993. Pero despois de que a editorial francesa Gallimard a publicara dous anos máis tarde, dentro da Serie Noir, converteuse nun fenómeno literario. A versión galega desta pequena obra mestra –apenas 131 páxinas, que nos ofrece Rinoceronte Editora– é de María Cristina González Piñeiro

Pericle Scalzone é o protagonista desta obra, un mangante que ten como oficio cumprir as ordes que lle traza Lugino Pizza, un mafioso da camorra napolitana. Seguir lendo Pericle o negro, de Giuseppe Ferrandino

A muller do chatarreiro (II), de DanisTanovic

la-mujer-del-chatarreroXerardo AgraFoxo. Este pequeno tesouro cinemato-gráfico de Bosnia-Herzegovina, interpretado por actores non profesionais (Senada Alimanóvic e Nazij Mujic), conseguiu no 2013 o Gran Premio do Xurado do Festival Internacional de Berlín e ocupou un lugar destacado na Sección Oficial do Festival de Sevilla. O  argumento conta unha historia sinxela, dura e veraz:  Senada, a nai dunha familia xitana que vive da chatarra, comeza un día a sangrar e a ter fortes dores no ventre. No hospital comunícanlle que tivo un aborto espontáneo, e recoméndanlle unha urxente intervención cirúrxica, pero ao carecer de cobertura sanitaria, o seu marido, Nazif, tratará de encontrar durante 10 días máis chatarra para vender e lograr os 500 euros que costa a operación. Seguir lendo A muller do chatarreiro (II), de DanisTanovic