Boyhood, de Richard Linklater

boyhood_29845Xerardo AgraFoxo. Cada ano, durante máis dunha década, este director de Houston (1960), reuniu o mesmo reparto para dar vida a unha familia da clase media norteamericana. En tres horas de película condensa 39 días de rodaxe, entre 2002 e 2013, onde coñecemos as medras dun cativo dende os catro anos ata os dezaoito, cando entra na universidade. Neste curioso experimento cinematográfico concíbese unha trama –ás veces, enervante; outras, cómica–  que ten como principal protagonista a Manson (Ellar Coltrane), os seus pais que están separados, Ethan Hawke (músico frustrado, irresponsable e entrañable) e Patricia Arquette (dura e forte, algo neurótica e doada de manipular), e a irmá do rapaz, Loreli  (moi ben interpretada pola filla do realizador).

Boyhood ImageRichard Linklater xa era coñecido nas salas de cine europeas por outra orixinal aposta cinematográfica. As tres películas, interpretadas por Ethan Hawke (tamén protagonista de Regressión, a última, aínda sen estrear, de A. Amenábar) e a francesa Julie Delpy (Tres colores: Rojo, 1994, de Kievlowski)) que reflectían a vida dunha parella durante nove anos en tres títulos moi parecidos:  Antes del amanecer (1995), ambientada en Viena, Antes del atardecer (2004), rodada en París en tempo real, e Antes del anochecer (2013), filmada en Grecia e talvez a máis frouxa da triloxía.

boyhood 3Boyhood (2014) semella unha atinada reflexión sobre a infancia, lonxe do estereotipo dun paraíso perdido; o paso do tempo, como forma de mudar as nosas percepcións sobre  a vida e o mundo; o lento proceso de envellecemento; e os fracasos sentimentais e rupturas matrimoniais nunha sociedade tan conservadora coma a texana. Outros temas tan transcendentes afloran nesta película que recolle o devir do tempo dunha familia filmado polas mesmas persoas durante varios anos. Imprescindible!

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *