Xerardo AgraFoxo. Esta novela está ambientada a finais dos sesenta –aqueles “anos lentos” de firmes conviccións políticas e rexas reivindicacións obreiras– cando o protagonista, un rapaz navarro de oito anos vai vivir cos seus tíos, Vicente e Maripuy, a San Sebastián. Nun humilde arrabalde da capital donostiarra será testemuña da vida miserenta dunha parella que vive atenazada polos problemas económicos e as liortas familiares que os enfrontan –sobre todo– por culpa de dous motivos: a vida disoluta da súa filla Mari Nieves e os encontros do irmán desta, Julen, cun crego nacionalista que o acabará enrolando na banda terrorista ETA. Seguir lendo Anos lentos, de Fernando Aramburu
Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo
Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga
Xerardo AgraFoxo. Un ancián –que trae un andar pousado e axúdase dun caxato– foxe dun xeriátrico cando se atopa cun home. Este trátao cun ton amigábel: E logo non lle prestaría vir comigo? Un sarxento da Benemérita, un día antes de xubilarse, se non estaría mal pórlle unha bomba a todo. Un director xeral planifica unha cita amorosa coa súa secretaria, MaríJosé: “Será otro fantástico fin de semana! E dúas mulleres, unha nai, Carlota, e a súa filla, Vanesa, van camiño das rebaixas: Mamá, no seas borde, porfa! Así comezan estas Zapatillas rotas (2014), a última aposta de Xabier Quiroga, que se confirmou coma un dos escritores galegos máis recoñecidos con Atuando na Braña (Premio Losada Diéguez, 2002), Era por setembro (2004) e O cabo do mundo (Premio da Crítica, 2010). Seguir lendo Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga
Camposanto, de W.G. Sebald
Xerardo AgraFoxo. Entre os manuscritos que deixou Winfried Georg Sebald, despois de morrer nun accidente de tráfico en Inglaterra, cando viaxaba coa súa filla Anna nun Peugeot 306, está esta curiosa mestura entre narrativa e ensaio, que ten o selo inconfundible do autor alemán. Malia que a meirande parte do volume o configuran diversos traballos nos que aparecen as figuras de Franz Kafka (Cara ao bordel vía Suíza), Vladimir Nabokov (As texturas dos soños), Jean Amery (Os ollos dunha ave nocturna) e Bruce Chatwin (O segredo do pelo pardo), o que a min máis me interesou desta obra é a primeira parte, onde aparecen catro textos relacionados coas súas camiñadas pola illa de Córsega. Seguir lendo Camposanto, de W.G. Sebald
Dous Rinocerones de Nixeria
Xerardo AgraFoxo. Entre as descubertas realizadas por Rinoceronte Editora están as obras do exipcio Alaal Al Aswany (O edificio Yacubian), o senegalés Ousmane Sembéne (O xiro postal) e, ultimamente, a do nixeriano Chinua Achebe, autor de Todo se esfarela e Xa non hai acougo. Un novelista, fillo duns pais da cultura ibo pero misioneiros protestantes. Achebe estudou Literatura na universidade de Ibadan e foi profesor no Bard College de Nova York.
En Todo se esfarela (2013) conta, a través das peripecias de Okonkwo, un líder do pobo de Umofia, como a civilización europea asolaga os costumes do mundo africano e as consecuencias desta invasión no continente negro. Seguir lendo Dous Rinocerones de Nixeria