Xerardo AgraFoxo. Unha fría noite de inverno, Seligman (Stellan Skarsgärd), un solteiro afeccionado á pesca, descobre nunha rúa a Joe (Charlotte Gainsbourg), que está inconsciente no chan despois de sufrir unha malleira. Entón decide levala a súa casa. Mentres a coida, ela cóntalle a súa intensa e atormentada vida sexual, dende a mocidade ata os cincuenta anos. Baixo esta trama argumental, Lars von Trier, remata a triloxía sobre a Depresión –que comezara con Antichristo (2009) e Melacholía (2011)– para narrar unha historia onde o sexo explícito e as escenas sadomasoquistas ocupan boa parte das catro horas de duración. Seguir lendo Nymphomaniac, de Lars von Trier
Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo
La gran casa, de Nicole Krauss
Xerardo AgraFoxo. Cinco anos despois de La historia del amor –galardoada co Premio Internacional William Soroyan e o Premio de Francia ao Mellor Libro Estranxeiro, ademais de finalista do National Award e do Premio Orange– esta autora norteamericana publica agora esta novela que nos leva dende Nueva York a Xerusalén, de Londres a Budapest a través dun período de corenta anos. Un argumento construído ao redor dun suxestivo fío condutor: un vello escritorio que –seguramente– pertenceu no seu día ao poeta Federico García Lorca.
En Nova York, unha escritora estivo utilizándoo dende que en 1972 llo prestara un poeta, Daniel Varsky, vítima da policía secreta de Pinochet. Seguir lendo La gran casa, de Nicole Krauss
La belleza y el dolor de la batalla, de Peter Englund
Xerardo AgraFoxo. Entre os numerosos libros publicados ou reeditados este ano con motivo da celebración do centenario da Primeira Guerra Mundial, destaca con luz propia –polo seu carácter anovador– esta monumental obra escrita por un membro da Academia Sueca, a mesma que outorga o Premio Nobel de Literatura. Peter Englund doutorouse en Historia pola Universidade de Uppsala e debutou como escritor co libro Poltava (1989), a batalla que marcou o inicio do Imperio Ruso. Dende entón converteuse nun referente nas obras deste xénero, recibiu numerosos premios e os seus libros foron traducidos a numerosos idiomas. Seguir lendo La belleza y el dolor de la batalla, de Peter Englund
La muerte de Virginia, de Leonard Woolf
Xerardo AgraFoxo. Este fermoso libro, publicado por Lumen no ano 1975 e editado recentemente, constitúe a última parte das memorias de Leonard Woolf (1880-1969), marido da autora de Orlando e A señora Dalloway, político inglés e notable escritor que pertenceu ao recoñecido grupo literario de Bloomsbury. A obra consta de catro partes: La muerte de Virginia, Hogarth Press, 1941-1945 e Todos nuestros ayeres, as tres últimas cun claro aspecto memorialístico. Cada unha das páxinas da primeira parte, ateigadas todas de amargura e desesperanza, contan a tráxica historia que viviu Virginia Woolf dende que Hitler chegou ao poder. Seguir lendo La muerte de Virginia, de Leonard Woolf