Xerardo AgraFoxo. Despois do éxito acadado por A soidade dos números primos (Premio Campiello, Premio Strega e Premio dos Lectores da Revista Qué leer, no 2008) –cando Paolo Giordano tan só contaba con vinte e seis anos–, este licenciado en Física Teórica publica cinco anos despois esta curiosa obra que, polo seu estilo literario e temática argumental, non garda ningunha relación coa anterior novela: a historia de Mattia un neno superdotado que ten unha irmá xemelga discapacitada psíquica, Alice. Nesta ocasión a acción sitúase nun mundo más afastado: o deserto de Afganistán, o lugar a onde é enviada unha compañía de mozos e inexpertos soldados italianos, comandados polo subtenente Antonio René, para combater contra os temidos talibáns. Seguir lendo El cuerpo humano, de Paolo Giordano
Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo
Rechouchío, de Álvaro de las Casas
Xerardo AgraFoxo. Existían dúas edicións –en galego– desta peza dramática do que durante a Segunda República fora catedrático de Xeografía e Historia e director do Instituto de Segunda Ensinanza de Noia. A primeira apareceu no ano 1936 na colección Nós. Pubricacións Galegas que editara Ánxel Casal, alcalde da cidade de Santiago, antes de que os fascistas o pasearan en Cacheiras (Teo). A segunda edición, foi publicada tres anos máis tarde por Emecé Editores –concretamente, o 3 de novembro de 1939– en Buenos Aires, que tirou na Imprenta López 470 exemplares cando xa o autor ourensán se exiliara por culpa da Guerra Civil española. Seguir lendo Rechouchío, de Álvaro de las Casas
Nai e fillo, de Calin Peter Netzer
Xerardo AgraFoxo. No ano 2007 o Festival de Cannes premiaba coa Palma de Ouro a película romanesa Catro meses, tres semanas, dous días –una historia centrada no aborto clandestino dunha moza- dirixida por Cristian Mungiu. Outra película deste país, Nai e fillo (Child´s Pose), dirixida por Calin Peter Netzer, gañou o ano pasado o Oso de Ouro do Festival de Berlín e foi seleccionada para os Óscar á Mellor Película Estranxeira. Nestes dous filmes aparecía con luz propia Luminita Gheorghiu, actriz frecuente nos traballos de Michael Haneke. Seguir lendo Nai e fillo, de Calin Peter Netzer
Os ditosos anos do castigo, de Fleur Jaeggy
Xerardo AgraFoxo. Coñecía desta autora, unha suíza que reside na actualidade na cidade de Milán, un libro titulado La paura del cielo (1998), sete relatos tinxidos dun terror tan sutil e uns personaxes tan violentos que deixaban xélidos os lectores. Agora –grazas á editorial Rinoceronte e a Cristina González Piñeiro– aparece a súa primeira obra vertida ao galego. Trátase dunha novela curta –gañadora do Premio Baguetta en 1999– que garda certa relación co anterior libro pola atmosfera que envolve o seu argumento, onde as emocións ocultas e o ambiente opresivo percorre as súas páxinas. Seguir lendo Os ditosos anos do castigo, de Fleur Jaeggy