Xerardo AgraFoxo. Dende que Heirich Schlieman e os arqueólogos da universidade de Cincinnati fedellaran no outeiro asiático de Hisarlik, para atopar os restos da lendaria Troia, apareceron naquel recinto ata 10 cidades, sendo a oitava aquela que relatara nos seus poemas o vello Homero. Seguir lendo 8 cidades, 8 nomes
Arquivo da categoría: Viaxes
O mosteiro de Rila
Xerardo AgraFoxo. Cando se viaxa por este país a primeira lección que se aprende é que estamos nunha encrucillada entre Oriente e Occidente. Un territorio atravesa-do dende os primeros tempos da historia por diversos pobos e exércitos que deixaron un-has pegadas moi recoñecidas na súa paisaxe e cultura. Nas profundidades dunha mesta reserva ecolóxica atópase o mosteiro de Rila Seguir lendo O mosteiro de Rila
Ngor
Xerardo AgraFoxo. Antes de baixar á praia sentei con dúas mulleres nun banco de cemento. Eran dúas persoas cunha ollada sinxela e humilde, nada receosas. Malia as súas idades, Nyoba tiña trinta e tres anos, e Yajuba vinte e nove, semellaban vencidas por unha vida que non lles sorría. Estaban varadas na praza, agardando por un autobús. Entre as dúas gañaban ao redor de catro euros. Seguir lendo Ngor
Yoff
Xerardo AgraFoxo. A praia era un areal inmenso, coma un abeiro salvaxe ateigado de nenos emboutados de area, mozos refregando as cabras na auga salgada, nenas ao redor das súas nais e mulleres que -a chegada dun cayuco. Cando este ancorou na beiramar, mentres uns cativos controlaban as redes, os mariñeiros desembarcaron as capturas e as súas donas recolléronas nuns caldeiros para levalas aos postos de venda. Seguir lendo Yoff