O mosteiro de Rila

PA133819Xerardo AgraFoxo. Cando se viaxa por este país a primeira lección que se aprende é que estamos nunha encrucillada entre Oriente e Occidente. Un territorio atravesa-do dende os primeros tempos da historia por diversos pobos e exércitos que deixaron un-has pegadas moi recoñecidas na súa paisaxe e cultura. Nas profundidades dunha mesta  reserva ecolóxica atópase o mosteiro de Rila, recoñecido pola súa monumental arquitectura, a riqueza e adobío dos seus murais, o seu excelente iconostasio e a impresionante muralla que protexe este salientable conxunto abacial. Pero,  a pesar destas consideracións, tres cousas lle chamaron a atención a este visitante mentres percorría esta terra tan afastada das nosas costas atlánticas.
Durante 400 anos Rila converteuse no centro de resistencia contra dominación turca. Nunha tumba da igrexa da Natividade  atópase o corazón do zar Boris, envelenado polos nazis no ano 1944 por apoiar os xudeus desta rexión.  Nunha urna de prata consérvase a man dereita de san Xoàn de Rila, unha reliquia que viaxou algunhas vez a Rusia para conseguir doazóns para este mosteiro, tamén erguido nunha encrucillada xeográfica.

Un comentario en “O mosteiro de Rila

  1. Precioso monasterio, Xerardo. Eres un privilegiado por haber conocido esos fantásticos lugares. Siempre me ha encantado viajar pero, por las circunstancias que me ha tocado vivir, he tenido que conformarme con menos de lo deseado.
    Te felicito de corazón.
    Un abrazo palmeirán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *